Skip to Content

Tecnoloxía

MENÚ

Documentos

Material Didáctico

Ligazóns de interese

BIBLIOTELLEIRAS. MAIO 2022. LOS PELIGROS DE LA VÍA

O noso alumnado de 4º da ESO na materia de TIC levou a cabo este ano unha actividade relacionada coa Educación Vial con tan bos resultados que decidiron presentalo aos Premios Nacionales de Cortometrajes de Educación Vial organizados pola DGT e a Fundación RACE.

O resultado deste traballo é o vídeo titulado "Los peligros de la vía", que se atopa na seguinte ligazón. Se vos gusta podedes votar por el.

 

BIBLIOTELLEIRAS. FEBREIRO 2022. O IES AS TELLEIRAS NA PRENSA:

O IES AS TELLEIRAS, PIONEIRO NA IMPARTICIÓN NA MATERIA MOBILIDADE ESCOLAR SOSTIBLE E SEGURA, É UN REFERENTE PARA OS CENTROS DE PRIMARIA DO CONCELLO DE NARÓN QUE ESTE CURSO 2021-2022 CURSAN POR PRIMEIRA VEZ A MATERIA DE EDUCACIÓN VIAL.
Tres colexios de Narón, concello comprometido desde hai anos na promoción da educación vial e con amplo recoñecemento neste sentido tanto a nivel estatal como europeo, veñen de poñer en marcha este curso escolar a materia de Educación Viaria no nivel de 4º de Primaria; trátase dos CEIP Ponte de Xuvia, A Solaina e Piñeiros que, como experimento piloto, o Concello espera exportar en próximos cursos a outros centros.
A novidade desta materia nos centros de Primaria do concello non o é tanto na Secundaria, onde desde hai tres anos o IES As Telleiras leva impartindo a materia de Mobilidade escolar sostible e segura a todo o alumnado no nivel de 1º da ESO como materia de libre configuración, cun balance moi positivo xa que se trata dunha materia interdisciplinar que permite traballar todas as competencias con actividades moi diversas.
Este ano a profesora responsable da materia, Aurora Romar, conta con un Scape room diseñado polo patrimonio de Narón e que en próximas datas estará a disposición da cidadanía a través do blog da Bibliotelleiras, na páxina web do instituto; así mesmo o alumnado traballará sobre o Camiño Inglés e a análise da súa mobilidade.
Xa o curso pasado o alumnado de 1º da ESO do centro levou a cabo un proxecto ligado á celebración do 8 de marzo, Día internacional da Muller, establecendo unha interesante comparativa entre o desprazamento das súas avoas e a mobilidade que pensan que os mozos e as mozas terán no futuro.

BIBLIOTELLEIRAS. SCAPE ROOM. MOBILIDADE NARÓN

Para que o noso alumnado máis pequeno, da materia de Mobilidade Escolar Sostible e Segura, poida gozar do patrimonio cultural, artístico e natural do noso Concello e da nosa contorna, o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de TIC deseñou uns traballos de Scape Room, que estamos seguros que lles van gustar. Estades todos invitados a compartilos!

El Tesoro de Artabria.

 

Nuestra ciudad, Narón.

Resuelve el homicidio.

Diario de un Percebeiro.

 

 

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA NO CURSO 2021.

Como despedida para este curso atípico, queremos mostrarvos nas seguintes ligazóns, un resumo das actividades realizadas polo noso alumnado nas materias do departamento.

Parabéns, fixéstedes un gran traballo.

Tamén nos gustaría desde aquí dar as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron directa ou indirectamente na realización de todas estas actividades.

Bo verán a tod@s!

  • Xornada De Educación Vial. Obradoiro Teórico-Práctico “A importancia dun segundo” impartido polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.

carteis vmp

O NOSO ALUMNADO E A SÚA MOBILIDADE

Para despedir este curso tan atípico, queremos rendir unha homenaxe ao traballo realizado polo noso alumnado da materia de Mobilidade Escolar Sostible e Segura durante o confinamento. Durante os últimos meses, cada un de nós tivo que enfrontarse a unha das maiores restricións que puidemos imaxiñar, e foi a da restrición da nosa mobilidade. Coa enorme creatividade da que fan gala, mostrámosvos algúns dos exemplos que amosan como viviron, como sentiron e como contan eles a súa experiencia. 
 
PARABÉNS A TOD@S E BO VERÁN!!!!!!
 

MODIFICACIÓNS DA PROGRAMACIÓN MAIO 2020

 A suspensión das actividades académicas derivadas da adopción das medidas preventivas en materia de saúde pública que foron seguidas da declaración, o 13 de marzo, da situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo COVID-19 conleva a modificación das programacións para centrar as actividades lectivas do terceiro trimestre en aplicación das instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

TECNOLOXÍA

TECNOLOXÍA

INDUSTRIAL

2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BAC

 

 

MOBILIDADE TIC ROBÓTICA
1º ESO 4º ESO 1ºBAC 2ºBAC 1ºBAC

 

 

II Obradoiro interxeracional.

O pasado día 17 de xaneiro, os nosos alumnos Adrián e Alejandro impartiron unha charla sobre as medidas de seguridade ao camiñar no “II obradoiro interxeracional de nen@s e maiores de Educación Viaria 2020" na Fundacion Terra de Trasancos no Val.
Moitas grazas por esa clase maxistral.

 

 

Profes por un día

Os nosos alumnos de 1º da ESO Daniel e Mateo pasaron a profes por unha mañá grazas a unha actividade impulsada desde o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Os dous rapaces, tomaron parte dunha sesión divulgativa dirixida ás persoas maiores ofrecéndolles información relacionada coa educación e seguridade viaria. A continuación, nenos e maiores desprazáronse desde o centro Manuela Pérez Sequeiros ata o tanque de tormentas Inxerto II para aprender de primeira man como funciona esta infraestrutura tan importante para o saneamento da nosa ría.

+info: www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/3477

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut