Skip to Content

Avisos

Probas libres para a obtención do título de Bacharel (maiores de 20 anos) -- 2021

Convocadas as probas libres para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Prazo de inscrición: do 3 de marzo ao 10 de marzo de 2021.

Celebración da proba:

Data: 23 de abril de 2021.

Lugar: IES San Clemente de Santiago de Compostela.

 

Para máis información CLIQUE AQUÍ.

Para descargar o formulario de inscrición CLIQUE AQUÍ.

Información xeral CLIQUE AQUÍ.

Probas libres para a obtención do título de Graduado en Secundaria (maiores de 18 anos) 2021

Convocadas as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos:

Prazos de matrícula:

Convocatoria de maio: do 8 ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

Realización das probas:

Convocatoria de maio: 21 de maio de 2021, en sesións de mañá e tarde.

Convocatoria de setembro: 10 de setembro de 2021, en sesións de mañá e tarde.

 

Para máis información (páxina da Xunta) CLIQUE AQUÍ.

Para descargar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN CLIQUE AQUÍ.

Información xeral (resolución) CLIQUE AQUÍ.

Becas e axudas do Ministerio de Educación

 


 Becas e axudas - Ministerio de Educación

 Curso 2020-2021


 

Está aberto o prazo de solicitude de becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2020-2021 destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e para estudar Bacharelato (e FP e outros estudos non universitarios).

 

Prazos para presentar as solicitudes:

  • Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: do 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.
  • Bacharelato: do 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

 

Pódese consultar a información nas seguintes URL:

Matrícula adultos -- Curso 2020 - 2021

 


 EDUCACIÓN DE ADULTOS 2020-2021

PRAZOS DE MATRÍCULA


 

Educación Secundaria de Adultos (ESA): do 1 ao 11 de setembro de 2020.

Bacharelato semipresencial de adultos do 1 ao 11 de setembro de 2020.

 

Os sobres de matrícula pódense recoller na conserxaría do centro a partir do día 1 de setembro.

O horario de secretaría é de 9.00 h a 14.00 h.

 

 

Xefatura de Estudos (E. de Adultos)

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA BACHARELATO SEMIPRESENCIAL DE ADULTOS: Alumnado matriculado en materias de 1º e 2º cursos


BACHARELATO SEMIPRESENCIAL DE ADULTOS

ALUMNADO DE 2º BAC CON MATERIAS DE 1º BAC NON SUPERADAS


O alumnado matriculado en materias de continuidade de 1º Bac e 2º Bac, e o alumnado con materias de 1º de Bac non superadas que teña posiblidade de acceder ao título de bacharelato na convocatoria ordinaria, terá dereito a realizar unha avaliación das materias de 1º Bac antes do día 3 de xuño. Esta avaliación corresponde á convocatoria ORDINARIA.

Todos os alumnos que desexen presentarse deberán solicitalo enviando un e-mail ao enderezo electrónico do centro antes do venres 22 de maio ás 14.00 h:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Tamén contactarán co/a profesor/a da materia para recibir instrucións sobre as actividades de avaliación.

Importante para o alumnado que se presente: no caso de non superar algunha das materias de 1º Bac, o alumno disporá da convocatoria extraordinaria de setembro.

 

 

Xefatura de Estudos de Ensinanzas de Adultos

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA MÓDULO 3 ESA

ESA - MÓDULO 3

PROBA EXTRAORDINARIA

 

O alumnado pode consultar o calendario de actividades para a convocatoria extraordinaria do módulo 3 no seguinte enlace:

CALENDARIO E ACTIVIDADES PARA SUPERAR O MÓDULO 3 DA ESA - CURSO 2019-20

 

Lembramos que as vías de comunicación telemática co profesorado están dispoñibles no seguinte anuncio:

AVISO: VÍAS TELEMÁTICAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO

 

Para máis información ou para comunicar problemas de conectividade, rogamos ao alumnado se poña en contacto co centro.

 

 

Xefatura de Estudos de ensinanzas de Adultos

Probas acceso a ciclos formativos de Formación Profesional

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional - Convocatoria 2020

 Prazo de inscrición:

  •  Ciclo medio: do 2 ao 13 de marzo de 2020
  • Ciclo superior: do 10 ao 19 de febreiro de 2020

 Celebración da proba:

  •  Ciclo medio: 28 de maio de 2020
  • Ciclo superior: 23 de abril de 2020

Para máis información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao medio

CLIQUE AQUÍ

Para máis información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao superior CLIQUE AQUÍ

 

Normativa aplicable: Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Educación Secundaria de Adultos

As clases correspondentes ao Módulo 4 (2º cuatrimestre) da Educación Secundaria de Adultos comezarán o Luns 10 de Febreiro de 2020 ás 16:20 horas na aula de referencia do grupo (aula E2C - Edificio da ESO).

O Horario pódese consultar no apartado de Ensino de Adultos Horarios dos grupos ou no taboleiro da entrada do centro.

Xefatura de Estudos de Ensinanzas de Adultos

Entrega de notas da 1ª avaliación - Adultos

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

ENSINANZAS DE ADULTOS

 

1ª AVALIACIÓN (CURSO 2019-2020)

 

 

  • 1º e 2º Bacharelato (adultos): xoves 19 de decembro, a partires das 18.00 h en Xefatura de Estudos.

 

  • FP Básica: xoves 19 de decembro, ás 19.10 h na aula do curso (E2B).

Alumnado admitido no bacharelato de adultos 2019-20

Alumnado admitido

Bacharelato de adultos (2019-20)

 

Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de matrícula para o curso 2019 - 2020 en 1º e 2º do Bacharelato de Adultos no IES As Telleiras foi admitido.

O inicio do curso terá lugar o xoves 26 de setembro ás 17:30 h, coa entrega de horarios e presentación do curso.

A Dirección do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut