Skip to Content

Matemáticas

Menú

Concursos matemáticos curso 2015/16

Desde o centro queremos felicitar a todo o alumnado participante nos concursos matemáticos do curso 2015-16:

- Canguro matemático 

- Olimpiada matemática 2º ESO

Noraboa a todos e todas pola vosa implicación e o voso interese; especialmente a dous alumnos que tiveron unha participación meritoria: un, acadando un premio do Canguro no nivel de 1º de ESO e outro, clasificándose para a fase rexional da Olimpiada.

 

 

 

Para máis información, clicade aquí.

XXIII CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2016

      

 O concurso tivo lugar o xoves 17 de marzo de 16:45 a 18 horas 

de forma simultánea en todos os países que concorren á proba.

 

Como é xa tradición, o IES As Telleiras participou

coa inscrición dun total de 29 alumnos:

20 en 1º ESO, 4 en 2º ESO, 3 en 3º ESO,

1 en 1º BAC e 2 alumnos en 2º BAC

 

Destacou a ilusión, interese e boa acollida para

inscribirse na proba do alumnado do 1º curso da ESO

e a asistencia do alumnado de 2º Bac en horario de

tarde aínda que nesa semana se realizaban os

exames da 2ª avaliación.

 

Grazas !

 

Neste mes de xuño recibíronse e entregáronse os

diplomas de participación e tamén se coñeceu o

listado de premios.

 

O alumno de 1º ESO Daniel Grande Fernández

obtivo un dos premios que outorga o canguro ao ter

uns resultados de acerto realmente brillantes e

acadar a máxima puntuación española nese nivel.

 

 

Parabéns Daniel polo bo traballo realizado!

 

 

  Canguro España  

  Canguro Internacional

 

  

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2º ESO 2016

 

    O alumno Luis Bardanca Rey resultou seleccionado para participar na proba da Fase Rexional da XVIII Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA que se celebrou en Lugo o pasado 19 de maio.

      A esa Fase rexional estaban convocados 40 estudantes ca finalidade de seleccionar só a 3 participantes para representar ao equipo galego na Fase Nacional

        O reto non estaba exento de dificultades e, segundo dixo o xurado da proba, non foi fácil a selección final do alumnado dado o nivel que presentaban todos os participantes.

         E aínda que ao final Luis non resultou seleccionado a experiencia foi moi positiva

Noraboa Luis pola participación e a ilusión demostrada. 

XVIII Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO

 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organizou unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO.

Se inscribiron un total de 94 centros e se desenvolveu en 7 zonas

A Fase de Zona de Ferrol tivo lugar o día 21 de abril no IES Carballo Calero . O IES As Telleiras participou nesta actividade coa inscrición de cinco alumnos do grupo de 2º A

Néstor Vergara López, Luis Bardanca Rey, Pablo Álvarez Loureiro,
Andrea Cánovas Rodríguez, Mario Bello Vilariño.

 

Destas Fases de Zona saíron 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 19 de maio na cidade de Lugo. Entre eles Luis Bardanca Rey

Nesa Fase Final seleccionaranse 3 participantes que formarán o equipo galego que acudirá á Fase Nacional a Cantabria do 22 ao 26 de xuño

 

O Departamento de Matemáticas do IES As Telleiras felicita ao alumno seleccionado para participar na fase final Galega, co noso desexo de que disfrute do día en Lugo e de que logre pasar á fase nacional.

Luis, noraboa polo traballo ben feito e os logros conseguidos !

 

Parabéns e grazas tamén ao resto dos participantes e colaboradores pola ilusión e boa disposición nas sesións de adestramento

 

XXII concurso canguro matemático europeo 2015

   A finais deste mes farase entrega dos premios e diplomas ao alumnado que se presentou a este importante certame internacional, no que o IES As Telleiras tivo unha excelente participación: 24 alumnos (17 de 1º ESO, 3 de 2º ESO, 2 de 3º ESO, 2 de 4º ESO, 1 de 1º BAC y 2 de 2º BAC)

   O concurso tivo lugar, de forma simultánea en todos os países que concorren a el, o 24 de marzo e, como non podía ser doutra forma, o noso centro acudiu á cita con toda a ilusión e as ganas que sempre espertan este tipo de eventos.

 Por iso, queremos felicitar a todo o alumnado participante  pois, sexan cales sexan os resultados, consideramos que a actividade foi moi positiva e que con ela se acadaron todos os obxectivos propostos:

- que o alumnado, a través das matemáticas, se cree un reto con el mesmo e cos demais.

-incentivar o gusto polas matemáticas.

- que o alumnado se divirta coas matemáticas xogando con elas a modo de pasatempos.

 Noraboa, de novo, a todos os/as valentes que se atreveron a encarar semellante reto.

Esperamos que nas próximas edicións do concurso continúe o éxito de participación acadado e, desde aquí, animamos a todo o alumnado a continuar nesta liña.

Distribuir contido


by Dr. Radut