Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento

 

Material didáctico

 

 

Lecturas

Curso 22-23

Documentos 

 

 

 Ligazóns de interese

Orientacións  para Selectividade

Con Eva Mejuto, facendo memoria

 

 

 

O pasado venres 21 de maio tivemos a sorte de poder contactar por videoconferencia coa escritora Eva Mejuto, autora do libro Memoria do silencio, que leu o noso alumnado de terceiro de ESO neste trimestre. A narradora non lles era descoñecida, dado que boa parte dos rapaces e rapazas xa tiña lido a súa obra 22segundos e lembrábana como un libro interesante .

 

Nesta ocasión Eva Mejuto falounos de todo o proceso que deu como resultado a publicación de Memoria do silencio, libro testemuñal da Galicia durante a II Guerra Mundial, que rescatou do esquecemento o labor desenvolvido por tres mulleres bravas; Lola, Xulia e Amparo, as irmás Touza, colaboradoras activas na liberación dunhas 500 persoas perseguidas polos nazis, evitándolles así unha morte segura. Desde o seu posto de venda de melindres e licor café, situado na estación de tren de Ribadavia, participaron nunha trama e un pacto de silencio que fixo que a súa fazaña permanecese no anonimato ata hai pouco.

 

 

 O alumnado puido preguntar á autora sobre os seus novos proxectos de creación literaria e coñecer a existencia doutras obras súas xa publicadas, que afondan tamén no tema da memoria histórica, como o álbum ilustrado que ten por título A lavandeira de San Simón e que a editorial Xerais publicou no ano 2020 para render homenaxe, unha vez máis, ás mulleres que a historia silencia.

 

 

 

 

 

POR QUE DEBERÍAS ESCOLLER ESTA OPTATIVA O PRÓXIMO CURSO?

Proximamente, vós, como alumnos actuais de 1º de Bacharelato,

teredes que facer unha escolla:

 

as materias optativas do próximo curso

 

é por iso que, dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura

queremos ofertarvos a seguinte

 

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

* É unha materia que xa coñecedes de anos anteriores ( 4º ESO)

 

* A maneira de traballala será diferente, dada a vosa idade e

coñecementos pero dende logo será máis práctica e nada

memorística.

 

* Traballaremos en base a lecturas e tarefas.

 

* É unha materia da que non tedes que examinarvos nas

ABAU....menor presión.

 

* É unha materia que si axuda a obter mellor media de cara ás

vosas escollas futuras.

 

Pero o verdadeiramente importante......permitiravos:

 

* Saber valorar unha obra de forma obxectiva, con independencia

dos gustos persoais, entender e respectar as opinións diferentes

doutros lectores.

 

* Aumentar a destreza lingüística, vocábulos, xiros, estruturas, etc.

 

* Espertar e desenvolver a percepción artística e educar a

sensibilidade estética.

 

* Saber documentarse sobre unha obra, un autor ou un tema

literario mediante un traballo bibliográfico adecuado.

 

* Valorar a capacidade expresiva da lingua nas súas diversas

formas e variedades.

 

* Comentar un texto literario tendo presentes os aspectos

temáticos, histórico-sociais e estéticos que comunica.

 

* Ter autonomía e sensibilidade para facer da lectura unha forma

de enriquecemento da personalidade e de arraigamento na vida

cultural do noso país.

 

DENDE O DEPARTAMENTO,

SÓ NOS QUEDA

ANIMARVOS

 

 

ESCOLLEDE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

QUEREMOS FESTEXAR O DÍA DO LIBRO CON VÓS

PARTICIPA CON NÓS.

 MIRA COMO O FESTEXAN AS TÚAS PROFESORAS 

 

A nosa porta de Nadal

O departamento de galego deséxavos felices festas.

   

A nosa porta de Nadal

Nós estamos concienciados, e ti?

Traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO sobre distintas problemáticas sociais:

   
   
   
 

Unha árbore, unha historia

Hoxe tivo lugar o acto de entrega de premios aos gañadores do concurso de relatos curtos Unha árbore, unha historia, entre os que se atopaba o alumno de 3º de ESO deste centro, Diego González Fernández. A iniciativa resultou moi interesante xa que combinaba a creación literaria e o espírito ecolóxico: durante o acto cada participante que enviou un relato plantou unha árbore.

Noraboa Diego

Algunhas imaxes do evento:

O relato que levou ao noso alumno ata aquí trataba un duro tema, o cancro infantil. O premio que recibiu foi unha tablet para el e outra para o centro, por promover a iniciativa entre o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut