1ª avaliación
En certa ocasión, hai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que o vin. Ocurriu o mesmo ano en que o home chegou á Lua e, aínda que houbo momentos nos que pasei medo, esta historia non é unha novela de terror. Todo comezou co misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as lágrimas de Shiva. |