AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
O noso alumnado non pode recibir axudas para mercar libros de texto nin participar no fondo solidario de libros de texto, por tratarse dun centro E-Dixgal e estaren prácticamente todos os contidos a disposición do alumnado en plataformas dixitais, contando cun portátil cedido a cada alumno en calidade de préstamo. Porén, o alumnado SÍ pode solicitar axudas para mercar material escolar. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo das solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 21 de xuño, ámbolos dous inclusive.
Para máis información, pinchade no seguinte enlace:
Instruccións fondolibros e material escolar 2024-25