COMEZO DO CURSO 2023-24
Dámosvos unha calurosa benvida ao novo curso escolar 2023-24.
O luns 11 de setembro comeza o novo curso no horario habitual do centro, isto é, de 08:30 a 14:10 de luns a venres, e os martes tamén de 16:20 a 18:00 horas pola tarde.
Desde ese día o alumnado poderá facer xa uso do transporte escolar para desprazarse até o centro educativo.
O alumnado e as familias poderán consultar uns días antes do comezo das clases as listaxes por grupos e niveis na entrada do edificio principal para 1º, 2º e 3º da ESO e no hall do edificio de Bacharelato para 4º da ESO e 1º e 2º de Bach. En todo o caso, enviaremos unha notificación a través de Abalar para avisar en canto os fagamos públicos.
Desde o IES as Telleiras desexámosvos un feliz inicio de curso!