Premios Extraordinarios da ESO as rendemento académico
Hoxe, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño e vai dirixido ao alumnado que finalice os estudos de ESO no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media na ESO igual ou superior a 9.
Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electrónica.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PREMIO_EXTRAORDINARIO_ESO_RENDEMENTO_2022-2023.pdf | 99.07 KB |