25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia Machista. Este ano escollemos como motivo do cartaz para a reivindicación desta data o deseño elaborado por Noa Romero Calvo, alumna de 2º de BACH.
Durante esta semana o IES as Telleiras realizou unha serie de accións encamiñadas a concienciar o alumnado sobre esta lacra. Ademais da representación da obra teatral Animais de compañía, no centro tiveron lugar outras actividades arredor desta conmemoración:
Unha exposición bibliográfica na biblioteca:
Un mural reivindicativo e participativo elaborado polo alumnado de educación plástica e visual
Un muro contra a violencia machista cedido polo Concello de Narón e acompañado dunha exposición de zapatos vermellos, símbolo da reinvidicación que fixo viral Gioconda Belli a través do seu libro No país das mulleres.
Unha exposición de textos literarios por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
E un taller de chapas con diversos motivos arredor do 25N: