Skip to Content

Roteiro "Elas, produtoras executivas"

O 14 de outubro o alumnado de 4ºESO gozou da presentación do Roteiro "Elas, produtoras executivas", unha iniciativa para achegar á sociedade o papel capital das mulleres na produción audiovisual a través do visionado dunha peza documental propia.

Antes e despois da proxección do documental, o alumnado tivo a oportunidade de establecer un diálogo con Olaia Ledo, produtora na empresa Nós e que levou adiante labores de produción en filmes como "Nación" de Margarita Ledo ou programas de televisión como "Desertores do asfalto".

 



page | by Dr. Radut