Reclamación da comisión bancaria relativa ao pagamento do seguro escolar
Estimadas familias,
Antes os comentarios recibidos durante o período de matrícula polas comisións abusivas do banco no pagamento en efectivo do seguro escolar obrigatorio, a dirección do centro púxose en contacto coa entidade bancaria.
Esta entidade informou de que a comisión de 3 euros é aplicable a calquera ingreso en efectivo e que, para evitala, o pagamento pódese facer a través do caixeiro ou por transferencia online.
En todo o caso, puxeron á nosa disposición unha folla de reclamacións para que quen quixer poida tramitar individualmente unha queixa formal. Pode acceder a ela aquí.