Skip to Content

Con Eva Mejuto, facendo memoria

 

 

 

O pasado venres 21 de maio tivemos a sorte de poder contactar por videoconferencia coa escritora Eva Mejuto, autora do libro Memoria do silencio, que leu o noso alumnado de terceiro de ESO neste trimestre. A narradora non lles era descoñecida, dado que boa parte dos rapaces e rapazas xa tiña lido a súa obra 22segundos e lembrábana como un libro interesante .

 

Nesta ocasión Eva Mejuto falounos de todo o proceso que deu como resultado a publicación de Memoria do silencio, libro testemuñal da Galicia durante a II Guerra Mundial, que rescatou do esquecemento o labor desenvolvido por tres mulleres bravas; Lola, Xulia e Amparo, as irmás Touza, colaboradoras activas na liberación dunhas 500 persoas perseguidas polos nazis, evitándolles así unha morte segura. Desde o seu posto de venda de melindres e licor café, situado na estación de tren de Ribadavia, participaron nunha trama e un pacto de silencio que fixo que a súa fazaña permanecese no anonimato ata hai pouco.

 

 

 O alumnado puido preguntar á autora sobre os seus novos proxectos de creación literaria e coñecer a existencia doutras obras súas xa publicadas, que afondan tamén no tema da memoria histórica, como o álbum ilustrado que ten por título A lavandeira de San Simón e que a editorial Xerais publicou no ano 2020 para render homenaxe, unha vez máis, ás mulleres que a historia silencia.

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut