Skip to Content

Reclamacións 2º Bacharelato. Convocatoria Extraordinaria - Xuño 2019

Segundo a Circular 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2018/2019.

O prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o Martes 25 de xuño ata as 14:00 horas do Mércores 26 de xuño de 2019.

As instancias pódense recoller na Secretaría do centro.

Ás 13:00 horas do Xoves 27 de xuño notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e/ou representantes legais.

O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Venres 28 de xuño de 2019 ás 14:00 h.

 Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL:

http://www.edu.xunta.gal/portal/reclamacionsbacharelato

 

A Dirección do IES As Telleiras

 

 



page | by Dr. Radut