Skip to Content

Enquisa sobre convivencia escolar

 

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.


No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento e avaliación continua faise necesario repetir o proceso referido.


A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

Ao longo desta semana se lles facilitará por medio dos seus fillos ou fillas o código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar.

Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos: https://edu.xunta.es/conv/famil

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

 

 



page | by Dr. Radut