REUNIÓN ESCOLA DE FAMILIAS
Estimadas familias:
Comunicarvos que o próximo día, 10 de outubro ás 17:45, haberá no salón de actos do centro unha sesión informativa da Escola de Familias do Concello de Narón.
Nesta reunión darase a coñecer esta iniciativa, que ten como obxectivo axudar a mellorar a convivencia familiar.
Trátase dunha actividade subencionada polo Concello de Narón, de horarios flexibles e con temáticas como: días en familia, control das pantallas e riscos, medos infantís, problemas do sono, bullying e ciberbullying, trastornos de conduta, control do estrés...
Docente:
Virginia Castro Crespo
(Educadora Social e Coach experta en trastornos de conduta infantoxuvenís, terapia familiar, TDAH e disciplina positiva)