Skip to Content

Premios extraordinarios Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

 

No Diario Oficial de Galicia do Mércores 29 de maio de 2019 saíu publicada a Orde de 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Pode presentarse a estes premios o alumnado que:

  • Cursara 4º ESO no ano académico 2018/2019.

  • Fora proposto para a expedición do Título de ESO.

  • Obtivera no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 6 de xuño ao 5 de xullo de 2019.

Data de celebración da proba: 5 de setembro de 2019.

Máis información na páxina web da Consellería. URL: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27957

No seguinte Link poden acceder a toda información, así como ao modelo de solicitude a presentar



page | by Dr. Radut