XXIII CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2016
O concurso tivo lugar o xoves 17 de marzo de 16:45 a 18 horas
de forma simultánea en todos os países que concorren á proba.
Como é xa tradición, o IES As Telleiras participou
coa inscrición dun total de 29 alumnos:
20 en 1º ESO, 4 en 2º ESO, 3 en 3º ESO,
1 en 1º BAC e 2 alumnos en 2º BAC
Destacou a ilusión, interese e boa acollida para
inscribirse na proba do alumnado do 1º curso da ESO
e a asistencia do alumnado de 2º Bac en horario de
tarde aínda que nesa semana se realizaban os
exames da 2ª avaliación.
Grazas !
Neste mes de xuño recibíronse e entregáronse os
diplomas de participación e tamén se coñeceu o
listado de premios.
O alumno de 1º ESO Daniel Grande Fernández
obtivo un dos premios que outorga o canguro ao ter
uns resultados de acerto realmente brillantes e
acadar a máxima puntuación española nese nivel.
Parabéns Daniel polo bo traballo realizado!
Canguro España | |