XVIII Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO
Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organizou unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO.
Se inscribiron un total de 94 centros e se desenvolveu en 7 zonas
A Fase de Zona de Ferrol tivo lugar o día 21 de abril no IES Carballo Calero . O IES As Telleiras participou nesta actividade coa inscrición de cinco alumnos do grupo de 2º A
Néstor Vergara López, Luis Bardanca Rey, Pablo Álvarez Loureiro, Andrea Cánovas Rodríguez, Mario Bello Vilariño.
Destas Fases de Zona saíron 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 19 de maio na cidade de Lugo. Entre eles Luis Bardanca Rey
Nesa Fase Final seleccionaranse 3 participantes que formarán o equipo galego que acudirá á Fase Nacional a Cantabria do 22 ao 26 de xuño
O Departamento de Matemáticas do IES As Telleiras felicita ao alumno seleccionado para participar na fase final Galega, co noso desexo de que disfrute do día en Lugo e de que logre pasar á fase nacional.
Luis, noraboa polo traballo ben feito e os logros conseguidos !
Parabéns e grazas tamén ao resto dos participantes e colaboradores pola ilusión e boa disposición nas sesións de adestramento