Unha árbore, unha historia
Hoxe tivo lugar o acto de entrega de premios aos gañadores do concurso de relatos curtos Unha árbore, unha historia, entre os que se atopaba o alumno de 3º de ESO deste centro, Diego González Fernández. A iniciativa resultou moi interesante xa que combinaba a creación literaria e o espírito ecolóxico: durante o acto cada participante que enviou un relato plantou unha árbore.
Noraboa Diego
Algunhas imaxes do evento:
O relato que levou ao noso alumno ata aquí trataba un duro tema, o cancro infantil. O premio que recibiu foi unha tablet para el e outra para o centro, por promover a iniciativa entre o alumnado.