Skip to Content

Visita do alumnado do CPI do Feal

 

 

 

Visita do alumnado de 4º ESO do

Cpi do Feal

Hoxe estiveron con nós os alumnos e alumnas de 4º ESO do centro veciño, o Cpi do Feal. Deron unha volta polas instalacións e recibiron información sobre a ampla oferta educativa do noso centro en Bacharelato. Esperamos telos con nós o curso que vén!! Seredes moi benvidos!!

 

NOF 2023-24

 
 
 
 

NOF 2023-24

As NOF, Normas de Organización e Funcionamento, teñen por finalidade facilitar a convivencia no centro e garantir un ensino de calidade. Son o marco normativo que afecta ao día a día no centro e son de obrigado cumplimento para tódolos membros da comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais e nais e persoal non docente. 

A pasada semana o Claustro e o Consello escolar aprobaron a última versión das mesmas, de xeito que estean adaptadas ás derradeiras ordes da Consellería de Educación e á realidade do noso centro hoxe en día. Por iso, convén facer unha lectura detallada das mesmas, en especial, do artigo 3.8 no que se recolle o protocolo para o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

O documento queda á vosa disposición no seguinte enlace: NOF 23-24

 

 

Visita do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO

CEIP VIRXE DO MAR

O colexio Virxe do Mar está adscrito ao noso centro, polo que estes alumnos e alumnas estarán con nós no vindeiro curso, moi probablemente. Para que se vaian familiarizando coas instalacións, o equipo directivo, a orientadora e algúns dos que serán os seus profesores no ano académico que vén, déronlles unha volta e puideron ver o máis salientable e resolver as súas dúbidas, para o que contaron coa axuda inestimable de dous dos nosos  alumnos chegados do Virxe do Mar, coma eles, que lles contaron as súas impresións e experiencias.

 

Esperamos que vos gustase o noso centro e dámosvos unha calorosa e doce benvida por adiantado!!

 

Cambio ordenadores EducaDixital por Edixgal

 

Ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO con ordenador EducaDixital 

 

Informámosvos de que xa dispoñemos dos ordenadores Edixgal para reemplazar aos dos vosos fillos e fillas. Levarán no día de hoxe a documentación de devolución e nova asignación de equipo (catro follas) que entregarán debidamente cuberta e asinada a Eugenia Fdez, coordinadora TIC, xunto co ordenador e mailo seu cargador, e perfecto estado e na caixa orixinal. Recomendamos gardar e borrar a información contida no equipo. Quedan co maletín. O cambio será inmediato. As familias afectadas serán tamén informadas vía Abalar.

 

 

 

Ponderacións 2024

 
 

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS E OPTATIVAS PARA ACCEDER AO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA NO CURSO 2024-25

Tedes á vosa disposición no seguinte enlace as ponderacións das materias troncais e optativas que estades a cursar en 2º BAC para a realización das ABAU e que serán aplicables á matrícula que fagades nas universidades galegas no curso que vén. Cremos que poden ser do voso interese.

PONDERACIÓNS 2024-25

Por fin chega o Nadal!!

 

O Nadal xa está aquí!!

No día de hoxe celebramos a chegada das festas de Nadal e das vacacións!! Xa quedaron atrás os examens, os traballos e as cualificacións. Estamos a disfrutar dunha festa divertida e chea de animación. Decoramos portas, facemos deporte e competimos, pasando estas últimas horas lectivas todos xuntos. Aproveitamos a ocasión para felicitarvos o Nadal coas postais gañadoras do concurso!!

 

Lil Kids, gañadores de Got Talent!!

PARABÉNS A LIL KIDS, GAÑADORAS DE GOT TALENT!!

O grupo da escola de baile de Narón Paso a Paso culminou na noite pasada unha fantástica traxectoria no programa de Telecinco, Got Talent, no que resultaron gañadoras. Nel participan alumnas do noso centro: Naiara Agras, Naiala Martínez e África López, de 1º ESO; María Mera, Claudia Martínez e Andrea Sixto, de 3º ESO; e Paula Rubido, de 2º BAC. Desde As Telleiras mándamoslles a máis sinceira noraboa polo éxito e o traballo ben feito!!

 

Iniciativas do Nadal

 

Iniciativas e festa de Nadal

Coa chegada do Nadal, son varias as iniciativas que se están a por en marcha e nas que o alumnado pode participar. Aquí tedes os distintos carteis anunciadores: concurso de postais navideñas e recollida de xoguetes e alimentos con fin solidario, clásicos nestas datas; o día 19, o concurso de decoración de portas nas clases da ESO, o torneo de fútbol e brilé no Pabillón e torneo de tenis de mesa, coa colaboración do Clube de Tenis de mesa de Narón. Haberá tamén un DJ para menear o esqueleto, patrocinado polo AMPA do centro!!

 

Disfrutade do espíritu navideño!!

 

 

 

 

 

Nadal no IES AS TELLEIRAS

Felices festas!

Co mes de decembro, chegan os exames do final da primeira avaliación, pero tamén unha das festas máis sinaladas do ano: o Nadal. No noso centro decoramos clases, pasillos e portas con bolas, espumillóns e estrelas. As árbores de Nadal lémbrannos que as vacacións están próximas e que teremos uns días libres para disfrutar coa familia e cos amigos. Felices festas a todos e todas!!

 

 

 

 

Charla 25N: Día contra a violencia de xénero

25N Día contra a violencia de xénero

Noelia Míguez veu contarnos en primeira persoa e sen censura de ningún tipo a súa traumática experiencia: sufriu oito coiteladas por parte da súa parella e desde aquela, lidia coas secuelas físicas e psíquicas que lle provocou. Pero tamén loita por facer visible a súa situación e a de tódalas supervivintes da violencia de xénero. Estamos con vós!!

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut