Skip to Content

Taboleiro

PETICIÓN

Rógase aos pais e nais que eviten circular dentro do recinto no horario de entrada e saída do alumnado xa que a aglomeración de vehículos a esas horas pode resultar perigoso para os viandantes, fundamentalmente os alumnos e as alumnas do instituto.

MOITAS GRAZAS

HORARIOS DOS GRUPOS

Premendo na imaxe podedes acceder aos  horarios dos distintos grupos, así como ao profesorado que lles imparte clase:

 

 

XV Olimpíada de Bioloxía - Fase autonómica

Un ano máis, e esta foi xa a decimoquinta!... participamos na Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía xunto a 29 centros de secundaria de Galicia.

 

O equipo olímpico e a súa adestradoraolimpiada 1

Margarita Bueno Núñez.

 

 

O noso equipo olímpico integrábao: Mario Bello Vilariño, Luna Botana López, Blanca Castro Ponce e Sara Rodríguez García.

  Nos momentos previos...

 

toinervous

olimpiada 1

 

 

 

 

 

 

 

O equipo olímpico cos diplomas acreditativos

olimpiada 3

 

 

 

 

 

 

 

Parabéns a todos eles pola súa participación!!!

victory

 Felicitamos moi especialmente a Mario Bello quen obtivo unha mención de honra e substituírá a un dos gañadores na fase nacional.

 

Queredes ver a noticia completa?

 

 

 

 

Campamentos deportivos de verán 2019

 

A Deputación da Coruña vén de convocar os campamentos deportivos de verán 2019 dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, e empadroados nun concello da provincia da Coruña.

As quendas de cada concello figuran no tríptico informativo.

A quenda de Narón é a segunda dende o 07 de xullo ata o 12 de xullo.

Inscricións: no concello no que o/a rapaz/a estéa empadroado/a

Prazo limite: antes do 31 de maio de 2019.

Para descargar o tríptico informativo clique aquí

  

 

 

Campamento científico da USC: Campus de Verán XuvenCiencia

 

Convocado o VII Campus de Verán XuvenCiencia, campamento científico da USC que terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato co obxectivo de poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

  • O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.
  • O custe da matrícula é 160 €.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

Máis información na páxina web https://xuvenciencia.org/campus/gl/

 

Pode descargar o folleto informativo clickando aquí

 

Enquisa sobre convivencia escolar

 

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.


No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento e avaliación continua faise necesario repetir o proceso referido.


A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

Ao longo desta semana se lles facilitará por medio dos seus fillos ou fillas o código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar.

Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos: https://edu.xunta.es/conv/famil

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

 

 

REUNIÓN ESCOLA DE FAMILIAS

Estimadas familias:

Comunicarvos que o próximo día, 10 de outubro ás 17:45, haberá no salón de actos do centro unha sesión informativa da Escola de Familias do Concello de Narón.

Nesta reunión darase a coñecer esta iniciativa, que ten como obxectivo axudar a mellorar a convivencia familiar.

Trátase dunha actividade subencionada polo Concello de Narón, de horarios flexibles e con temáticas como: días en familia, control das pantallas e riscos, medos infantís, problemas do sono, bullying e ciberbullying, trastornos de conduta, control do estrés...

Docente:

Virginia Castro Crespo

(Educadora Social e Coach experta en trastornos de conduta infantoxuvenís, terapia familiar, TDAH e disciplina positiva)

 

 

Calendario fin de curso 2º Bacharelato

Calendario fin de curso 2018 - 2019

No seguinte enlace poderá atopar información sobre as datas e horas do/a:

  • Derradeiro día de clases.
  • Entrega de boletíns de cualificacións.
  • Revisión de exames e reclamacións ás cualificacións obtidas.
  • Presentación reclamacións oficiais ás cualificacións  obtidas.
  • ABAU

Para obter a información Clique aquí

Premios extraordinarios de Bacharelato

Destinatarios: alumnado que rematase os seus estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha cualificación media de Baharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

O alumnado que obteña un Premio Extraordinario de Bacharelato:

  • Recibirá un premio en metálico de 1000 €.
  • Exención de pago de matrícula no primeiro curso da Universidade.
  • Optará aos Premios Nacionais de Bacharelato.

Prazo de presentación de solicitudes: do 2 de maio de 2018 ao 1 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos).

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (os rexistros dos centros docentes non se consideran incluídos dentro de ditas dependencias).
Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Data de celebración da proba: Venres 22 de xuño de 2018

Horario:

  • 9.30 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.
  • 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba.
  • 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.

Lugar de celebración da proba na Provincia da Coruña: Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.

Máis información na páxina da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. URL:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1541

e na RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar eavaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelatocorrespondentes ao curso 2017/18, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes. DOG do 30 de abril de 2018

Na seguinte URL podes atopar modelos de probas de convocatorias anteriores:  https://www.edu.xunta.es/premiosbac/

Actividades complementarias e extraescolares febreiro 2018

Poden consultar aquí as actividades correspondentes ao mes de febreiro de 2018

FEBREIRO 2018
     

 1

 

 2

 

 3  4
 5

 6

 7

 8

Visita USC

2º BACH

 9

Festival Entroido

 10

 11

 12

 

 13

14

 

 15

 

 16

 

 17  18

 19

Obradoiro 2º ESO

 20

Obradoiro 3º ESO

 21

Obradoiro 4º ESO

 22

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

 23

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

Visita ao Caldoval

1º ESO

 24

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

 25

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

26

 27

Encontro Andrea Maceiras

1º ESO

Xornadas de orientación 4º ESO

 28        
Distribuir contido


by Dr. Radut