Skip to Content

Escolares

Entroido en As Telleiras

Hoxe celebrouse no centro o festival de Entroido cunha ampla participación do alumnado. Non podía faltar neste acto a actuación estelar dos profes, que non se limitan a dar clase, senón que cada curso contribúen a facer que este día sexa o máis esperado do ano.

Felicitar ao alumnado que nos deleitou con elaboradas coreografías e cancións; facer mención en especial ao alumnado de 2º de BAC. que, ademáis de presentar o acto, sorprendeunos cunha excelente actuación. Grazas a todos/as os/as participantes e tamén ao público que fixo gala dun comportamento exquisito.

Para os que non os viron ou o queren repetir..., estes son os profes de As telleiras:

¡¡Aurora, Eva, María, Merce e Quique sodes únicos!!

E agora a actuación do alumnado de 2º de BAC.:

Os perigos da rede

O alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu hoxe a unha charla informativa sobre os perigos de Internet,  tan presente nas súas vidas e que  tanto beneficios aporta, aínda que tamén certos problemas que entre todos/as debemos previr. Así de atentos/as escoitaron ao inspector encargado de impartila:

Viaxe a Londres

Nesta presentación os/as alumnos/as de 1º de BAC que participaron na viaxe a Londres amosan aqueles lugares que lles resultaron máis interesantes.

Viaxe a Roma

O alumnado de 4º de ESO e de BAC. viaxou este curso a Roma. Esta presentación, que realizaron eles mesmos na materia de informática, recolle algúns dos lugares que visitaron.

Graduación de 2º Bac

Onte tivo lugar o acto de despedida ao alumnado de 2º BAC. Foi un acto moi emotivo, con discursos de representantes da dirección, do profesorado e do alumnado.

Ademais proxectouse unha montaxe en diapositivas que recollía a evolución do alumnado e un vídeo gravado os últimos días de clase. 

Para rematar ofreceronse uns pinchos cos que se puxo fin a un evento moi esperado polo alumnado e que contou cunha ampla participación das familias. O alumnado tivo a oportunidade de disfrutar dun divertido photocall (o profesorado non quedou atrás). 

Esta é unha selección dalgúns dos momentos da xornada 

Contacontos

O venres 17 de xaneiro, Quico Cadaval, un dos participantes do Festival Internacional de Narración Oral Conta con Narón, deleitounos cunha actuación no salón de actos do centro á que asistiron os alumnos e alumnas de 4º de ESO.

O acto, organizado polo Concello de Narón, foi un adianto do Festival que se desenvolveu durante a fin de semana no auditorio.

Charla informativa

Hoxe o alumnado de 1º BAC. asistiu a unha charla informativa sobre transplantes organizada pola  oficina de coordinación de transplantes do Hospital universitario A Coruña.

A charla estivo impartida por un profesional da OCT (enfermeiro do Juan canalejo) e por un transplantado.

Quilómetros de solidariedade en As Telleiras

Aquí tedes as mellores imaxes do evento que contou cunha ampla participación tanto de alumnado como de profesorado:

Empezando polo equipo directivo, sempre comprometido con este tipo de actos:

O  responsable das TICs, en excelente forma:

Tamén houbo representación dos departamentos de letras (moi preparados para a ocasión):

Por suposto non podía faltar o departamento de Educación Física:

e o persoal non docente:

Foi unha xornada festiva e divertida (tamén esgotadora), pero sobre todo, enriquecedora en valores, que é do que se trataba. E como non, a recadación foi importante (de seguro terá un bo incremento cando lle toque a quenda ao alumnado do 2º ciclo de ESO e ao de bacharelato).

Mostra de teatro. Concello de Narón

O alumnado do 2º ciclo da ESO asistirá hoxe á representación desta obra a cargo de Ron Lala.

Trátase dunha proposta que combina música e pezas cómicas breves do Siglo de Oro: humor en verso e música en directo para viaxar ao século XVII cuns cómicos da lingua do XXI.

Mañá asistirá á mesma obra o alumnado de bac.

Ofrecemos unha pequena mostra do espectáculo:

Dentro do mesmo programa, o 1º ciclo da ESO asistirá o 26 deste mes á representación La vuelta al mundo. Unha marabillosa viaxe na que se desafía a Fogg a dar a volta ao mundo en 60 minutos. Música en directo, marionetas e unha escenografía de maletas e baúis crean ambientes  que nos transportarán a lugares exóticos. Unha aventura con bo humor e moita imaxinación para este percorrido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut