O día 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Transgénero e no marco do programa Iguála-T, todo o alumnado de centro, agás 2º BAC, tivo a oportunidade de achegarse á figura do matemático e criptógrafo británico Alan Turing, un dos precursores da informática actual e o creador da máquina e do test de Turing. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou para descifrar os códigos nazis empregados na máquina Enigma, tal e como queda plasmado na película “Descifrando Enigma” que viron na mañá de hoxe. Turing foi procesado por homosexual e suicidouse dous anos despois.