Skip to Content

Taboleiro

Prazos reclamación ás cualificacións: Convocatoria Ordinaria Xuño 2019

 

1º BACHARELATO e ESO

 

Revisións de exames:

 

 ~ Entrega de solicitudes: mércores 26 de Xuño de 11:30 – 12:00 horas.

 Os impresos recóllense e entréganse na conserxaría.

 

 ~ O mércores 26 de Xuño ás 12:00 horas o profesorado fixará hora e lugar para as revisións co alumnado que o solicite.

 

 ~ Atención ás solicitudes de revisión de exames presentadas polo alumnado por parte do profesorado: Mércores 26 de xuño de 12:00 a 12:00 h.

 

Reclamacións:

 

 ~ Presentación de solicitudes: Xoves 27 e Venres 28 de xuño de 09:00 a 14:00 horas.

O modelo de instancia recóllese e entrégase na Secretaría.

 

~ Comunicación, por parte da Xefatura de Estudos, da decisión do Departamento aos alumnos e familias: Luns 1 de Xullo ás 13:00 horas.

 

~ Finalización do prazo para presentar a solicitude de reclamación ante Xefatura Territorial: Mércores 3 de Xullo ás 14:00 horas.

 

 

Máis información:

Artigo 38 da Orde ECD/1361/2015, do 3 de xullo, pola que se establece o currículo de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o ámbito de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e se regula a súa implantación, así como a avaliación continua e determinados aspectos organizativos das etapas. (BOE do 9 de xullo de 2015)

 

 

 

 

Reclamacións 2º Bacharelato. Convocatoria Extraordinaria - Xuño 2019

Segundo a Circular 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2018/2019.

O prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o Martes 25 de xuño ata as 14:00 horas do Mércores 26 de xuño de 2019.

As instancias pódense recoller na Secretaría do centro.

Ás 13:00 horas do Xoves 27 de xuño notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e/ou representantes legais.

O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Venres 28 de xuño de 2019 ás 14:00 h.

 Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL:

http://www.edu.xunta.gal/portal/reclamacionsbacharelato

 

A Dirección do IES As Telleiras

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: INFORMACIÓN IMPORTANTE

O alumnado matriculado en 1º e 2º curso da ESO ao estar incluídos no proxecto de educación dixital (EDIXGAL), están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto.

Porén, o IES As Telleiras organizará o préstamo de libros de texto para este alumnado cos fondos de campañas anteriores.

Os nais e pais de todo o alumnado matriculado poderán solicitar estes libros no momento da matrícula.

Sen prexuízo do anterior todo o alumnado que reúna os requisitos establecidos na orde de 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 poderán solicitar as axudas para a adquisición de material escolar.

Secretaría Xeral da Igualdade: XORNADA DE NAIS E PAIS

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos, actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

A actividade formativa celebrarase en A Coruña o Venres 31 de maio de 17:00 h a 20:30 h na Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n) e contará cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

O programa e os datos do formulario de inscrición están dispoñibles na páxina web http://igualdade.xunta.es/ ou tamén poden descargalos clickando nos seguintes enlaces:

 

 

 

 

 

 

 

 

Información de interese

Neste espazo iranse subindo as novas e as informacións xerais que se consideren de interese.

O primeiro que poñemos á vosa disposición é o calendario escolar do curso 2018-19. Click na imaxe:

Neste enlace tedes o calendario de festividades.

 Ademáis dos festivos sinalados no calendario, non haberá clase o 18 de marzo, por ser o día de libre disposición elixido polo centro, e o 19 de marzo por ser festivo autonómico.

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras: Listaxes definitivas

Na páxina http://www.edu.xunta.es/axudasle pódense consultar as listaxes definitivas de seleccionados/as e suplentes, ordenados por puntuación, correspondentes ao disposto no 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 (DOG do 20/02/2019)

Pode consultar as listaxes clickando no curso correspondente:

ESO 1      ESO 2      ESO 3      ESO 4

BAC 1      BAC 2

Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario a seguinte documentación:

1. Aceptación ou renuncia á axuda (Aneso III da Orde da convocatoria).

2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado no menú "3. Estado da solicitude" da páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

  • Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.
  • A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo implica a renuncia á praza adxudicada.

 

 

 

 

    

Fondo solidario Libros de texto e axudas para material escolar

Curso 2019 - 2020

Prazos da convocatoria do fondo de libros de texto

e axudas para material escolar

Presentación de solicitudes do alumnado da ESO no centro ou na sede electrónica.
 
Ata o 21 de xuño de 2019  inclusive
Presentación de solicitudes do alumnado de 4º da ESO e que non o solicitara no prazo anterior.
  Un mes a partir da matrícula no centro.
Devolución dos libros do curso 2018/2019 (agás as materias pendentes).   Ata o 26 de xuño de 2019 inclusive.
Devolución dos libros das materias pendentes do curso 2018/2019.   Ata o 6 de setembro de 2019 inclusive.
Publicación das listaxes provisionais.
  A partir do 11 de xullo de 2019.
Reclamación ás listaxes provisionais.   Nos 2 días seguintes á publicación das mesmas.
Publicación das listaxes definitivas.   A partir do 13 de setembro de 2019.
Entrega dos novos libros ao alumnado.
  A partir do 16 de setembro e antes do 27 de setembro de 2019.
Emenda de erros detectados nos vales de material   Dez días desde que recibe o vale.
Uso dos vales de nas librarías.
  Ata o 4 de abril de 2020 inclusive.

Premios extraordinarios Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

 

No Diario Oficial de Galicia do Mércores 29 de maio de 2019 saíu publicada a Orde de 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Pode presentarse a estes premios o alumnado que:

  • Cursara 4º ESO no ano académico 2018/2019.

  • Fora proposto para a expedición do Título de ESO.

  • Obtivera no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 6 de xuño ao 5 de xullo de 2019.

Data de celebración da proba: 5 de setembro de 2019.

Máis información na páxina web da Consellería. URL: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27957

No seguinte Link poden acceder a toda información, así como ao modelo de solicitude a presentar

Inicio do curso 2019 - 2020

 

ACTIVIDADES INICIO CURSO

2019-2020 (ESO E BACHARELATO)

 

O inicio das clases será o vindeiro luns 16 de setembro, de 8:30 h ás 14:10 h.

O alumnado dirixirase aos seguintes espazos segundo o nivel:

  •  1º e 2º de ESO no salón de actos.
  •  3º e 4º da ESO no vestíbulo do edificio principal.
  •  1º e 2º de Bacharelato no vestíbulo do edificio de Bacharelato.

 

IMPORTANTE:

O luns 16 de setembro haberá

TRANSPORTE ESCOLAR.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: CURSO 2019 - 2020

Indícanse, a continuación, a información e as instrucións necesarias para a formalización do proceso de admisión do alumnado, para o curso académico 2019 - 2020.

Normativa:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Procedemento para a tramitación de solicitudes de admisión:

A solicitude débese presentar no centro no que se solicite praza en primeiro lugar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)  co formulario normalizado (ED550B) -que se publica como anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017- e que será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/.

Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia. 

Calendario proceso de admisión

Sorteo público desempate

Resolución do 27 de Febreiro de 2019

Presentación da solicitude de admisión

Do 1 ao 20 Marzo, ambos inclusive.

Presentación documentación xustificativa

(cando a demanda de prazas sexa superior á ofer-ta. Punto 6 do artigo único da Orde do 25 de xa-neiro de 2017)

10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao 20 de Marzo.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de Abril.

Prazo reclamacións

5 días hábiles a partir do día seguinte a publicación das listaxes provisionais.

Publicación listaxes definitivas

Antes do 15 de Maio

Formalización matrícula en ESO e Bacharelato

Do 25 de Xuño ao 10 de Xullo

Instrucións da Consellería de Educación:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut