Skip to Content

Taboleiro

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS DE SETEMBRO


Entrega de boletíns de cualificacións,

recollida de libros de texto e dos

ordenadores EDIXGAL 2º ESO

 (setembro 2020)


 

XOVES 3 DE SETEMBRO
  • 2º Bacharelato (diúrno e adultos): ás 9.00 h na conserxaría.
  • 1º Bacharelato (diúrno e adultos) e ESA: ás 11.30 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 1º de ESO: ás 16.30 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 2º de ESO: ás 17.00 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 3º de ESO: ás 17.30 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 4º de ESO: ás 18.00 h no vestíbulo do edificio da ESO.
IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DA ESO: o alumnado pendente da devolución de libros de texto devolverá os libros no vestíbulo do edificio da ESO á mesma hora de entrega dos boletíns de notas.
 
Para a devolución dos ordenadores EDIXGAL de 2º ESO (ordenador, cargador, funda, punteiro e caixa) terá que vir un dos proxenitores ou responsables do/a alumno/a. A devolución realizarase na biblioteca do centro, á mesma hora de entrega dos boletíns de notas.
 
Será obrigatorio o uso de máscara.

 

A Dirección

Becas e axudas do Ministerio de Educación

 


 Becas e axudas - Ministerio de Educación

 Curso 2020-2021


 

Está aberto o prazo de solicitude de becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2020-2021 destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e para estudar Bacharelato (e FP e outros estudos non universitarios).

 

Prazos para presentar as solicitudes:

  • Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: do 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.
  • Bacharelato: do 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

 

Pódese consultar a información nas seguintes URL:

Listaxes de Admitidos e Excluídos Fondo Libros ESO. Curso 2020-2021

Publicadas NO TABOLEIRO DO IES E NA APLICACIÓN FONDO LIBROS as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas axudas aos libros de texto.

 

 

A secretaría do Centro.

INFORMACIÓN COVID-19

Estimadas familias:

Informamos de que a Xunta comunica as seguintes instrucións: os centros educativos de Galicia pecharanse desde o vindeiro luns por un período inicial de 14 días con carácter oficial, e de xeito recomendado mañá venres. Segundo recibamos información irase publicando nesta Web.

A Dirección.

Prazo de admisión para o curso 2020/2021

 


 

PRAZO DE ADMISIÓN PARA O

CURSO 2020/2021


 

Do 1 ao 20 de marzo

 

O alumnado de nova incorporación que queira solicitar praza para o próximo curso no IES As Telleiras pode facer a solicitude da seguinte forma:

 

Vía dixital no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(só entre o 1 e o 20 de marzo)

 

Forma presencial no IES As Telleiras

(como o último día do prazo, 20 de marzo, o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo, poderase entregar a documentación tamén o luns 23 de marzo).

 

A Dirección

 

Aviso sobre o transporte escolar 2020


 

Aviso sobre o transporte escolar


 

 

A partir do 8 de xaneiro de 2020, a Consellería de Educación modifica as concesións do transporte escolar, polo que os autobuses que recollerán ao alumnado serán de outras empresas, pero as paradas e os horarios serán os mesmos. Desculpade polas molestias.

Bo Nadal!

Dende o IES As Telleiras desexámoslles

bo Nadal e Feliz ano 2020!

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS SETEMBRO

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS

SETEMBRO 2019

MÉRCORES 4 DE SETEMBRO

  • 2º Bacharelato (adultos): ás 11:30 h na aula do curso.
  • 1º Bacharelato (diúrno e adultos): ás 11:30 h na aula do curso.
  • 1º e 2º da ESO: ás 16:30 h na aula do curso.
  • 3º e 4º da ESO: ás 17:30 h na aula do curso.
  • ESA: ás 11:30 h na aula do curso.
  • FP Básica: ás 11:30 h na aula do curso.

 

IMPORTANTE: o alumnado pendente da devolución de libros pode facelo na Biblioteca do Centro dende o 2 de setembro ata o día 4 de setembro á hora da entrega de boletíns de notas.

STEMWEEK 2019

 ANAGRAMA STEM    

Publicadas as listaxes correspondentes ao establecido no artigo 17.1 da Orde do 4 de abril de 2019 (DOG do 24 de abril) pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Acceso á publicación:

https://www.edu.xunta.es/axudasst/

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: PRAZO SOLICITUDES

No Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe publicáronse as BASES e CONVOCATORIA PÚBLICA de axudas para MATERIAL ESCOLAR Curso Académico 2019-2020.

O prazo para solicitar estas axudas ábrese o vindeiro luns día 17 de xuño e permanecerá aberto ata o día 8 de xullo (ambos inclusive).

As solicitudes estarán a disposición dos/das solicitantes na Sede Electrónica  e no Rexistro Xeral do Concello, dende o propio día 17 de xuño.

NOTA IMPORTANTE: Deberá solicitar a axuda incluso aquel alumnado que ainda non sepa en que curso ou  Centro escolar de Narón quedará definitivamente matriculado (setembro) porque o prazo de solicitude é único e improrrogable.

Distribuir contido


by Dr. Radut