Skip to Content

Escolares

BIBLIOTELLEIRAS CURSO 2022-2023. 8 DE SETEMBRO, XORNADA DE BENVIDA Á BIBLIOTECA AO ALUMNADO DE 1º ESO E 1º BACHARELATO

Para o alumnado de 1º ESO realizouse durante toda a mañá do xoves 8 de setembro, día da presentación, unhas XORNADAS DE ACOLLIDA con distintas actividades encamiñadas a dar a coñecer as instalacións e as distintas actividades que oferta o centro.
No marco destas xornadas o alumnado levou  a cabo a actividade “Coñece a túa Biblio” e realizou unha visita guiada pola Biblioteca onde se lle mostraron as instalacións, se lle deron a coñecer as normas básicas de funcionamento,  se lle informou das propostas de actividades que se levan a cabo ao longo do curso e se lle animou a formar parte dos Clubs de lectura que temos en marcha.
Ao mesmo tempo estivemos encantados de facilitarlles aos alumnos e alumnas calquera tipo de información que solicitaron, resolverlles  dúbidas e mesmo fixemos algunhas fotos que quedarán de recordo desta ocasión.
Organizados por clases e acompañados do seu profesorado, explicámoslles a profunda transformación que experimentou a biblioteca o curso pasado con motivo das obras levadas a cabo pola Consellería de Educación; mostráronse moi curiosos ao saber que gran parte dos espazos que forman hoxe a nosa Bibliotelleiras foran en tempos cuartos e dependencias da “casa do conserxe”, zona que só foi utilizada a tal fin durante uns poucos meses cando o instituto acababa de ser inaugurado aló polo ano 1985.
Chamoulles tamén moito a atención a zona exterior da biblioteca, á que nós cariñosamente  chamamos a “zona chill out”, que esperamos que ao longo deste curso poida ser habilitada e co mobiliario axeitado para ser usada como un espazo de lectura informal, ao aire libre, e onde sexa posible levar a cabo ademais actividades diversas: reunións dos clubs de lectura, encontros con autores e autoras, presentación de libros...
Tamén esa mesma mañá do 8 de setembro o alumnado de 1º Bacharelato de nova incorporación tivo ocasión de percorrer o centro para familiarizarse coas instalacións e un dos puntos de interese foi a visita á biblioteca, onde se lles informou do uso dos espazos, das normas básicas de funcionamento e se lles respondeu ás dúbidas que foron xurdindo durante a visita.
Así mesmo, durante o claustro do día 1 de setembro, o profesorado novo que se incorporou ao centro foi invitado a realizar unha visita á biblioteca, para coñecer as instalacións, os fondos documentais e as posibilidades que a nosa Bibliotelleiras poidan ofertar para o seu labor docente e tamén persoal.
Cómpre destacar que estas visitas resultaron moi interesantes para o alumnado que destacou a amplitude da biblioteca, a boa disposición, luminosidade e excelente ventilación de todos os espazos; así mesmo os máis pequenos quedaron sorprendidos pola grande cantidade de libros e o orde e clasificación dos mesmos.
Foi unha xornada moi agradable para todos e todas  e para nós unha ocasión especial de poder volver a facer in situ esta actividade que, polo motivo do covid e das obras levadas a cabo o verán pasado, no fora posible realizar de novo na propia biblioteca en cursos anteriores.  
Só nos queda dar a benvida a todos os usuarios e usuarias da Bibliotelleiras e queremos facelo da man do grande debuxante Quino, falecido en setembro do 2020, cunha das súas viñetas máis coñecidas.

IN MEMORIAM

Roteiro "Elas, produtoras executivas"

O 14 de outubro o alumnado de 4ºESO gozou da presentación do Roteiro "Elas, produtoras executivas", unha iniciativa para achegar á sociedade o papel capital das mulleres na produción audiovisual a través do visionado dunha peza documental propia.

Antes e despois da proxección do documental, o alumnado tivo a oportunidade de establecer un diálogo con Olaia Ledo, produtora na empresa Nós e que levou adiante labores de produción en filmes como "Nación" de Margarita Ledo ou programas de televisión como "Desertores do asfalto".

 

CURIOSIDADES

Neste apartado imos aproveitar para coñecer curiosidades sobre os temas que estamos a traballar na clase.

 

¿EXISTE A COR MAXENTA?

¿Sabias que esta cor realmente e un invento do noso cerebro? 

A continuación os deixo unha interesante ligazón no que poderás atopar unha explicación a este fenómeno e aprender un pouquiño mais acerca da cor maxenta: 

https://www.quienlodiria.com/el-color-magenta-no-existe-1163.html

Concurso de postais do Nadal 2020-2021


Concurso de postais do Nadal

2020-2021


 

Resultaron gañadoras do Concurso, celebrado no IES As Telleiras, as postais das seguintes alumnas:

 

 

Sandra Ferreiro Castro  ---    1º Premio

 

 

 

Valeria López Castro     ---    2º Premio

 

 

 

Irene Criado Tizón        ---    3º Premio

Desfruta coas froitas, hortalizas e os lácteos

Co fin de fomentar a alimentación saudable entre o noso alumnado, a partir do vindeiro luns comezamos durante os tempos de lecer co reparto de froita fresca e leite, dentro do "Programa Escolar de Consumo de Frutas, Hortalizas y Leche" da UE.

 

 

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Carteis realizados polos nosos alumnos no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 

 

Actividades complementarias e extraescolares febreiro 2018

Poden consultar aquí as actividades correspondentes ao mes de febreiro de 2018

FEBREIRO 2018
     

 1

 

 2

 

 3  4
 5

 6

 7

 8

Visita USC

2º BACH

 9

Festival Entroido

 10

 11

 12

 

 13

14

 

 15

 

 16

 

 17  18

 19

Obradoiro 2º ESO

 20

Obradoiro 3º ESO

 21

Obradoiro 4º ESO

 22

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

 23

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

Visita ao Caldoval

1º ESO

 24

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

 25

Viaxe Madrid

1º e 2º BACH

26

 27

Encontro Andrea Maceiras

1º ESO

Xornadas de orientación 4º ESO

 28        

Actividades complementarias e extraescolares xaneiro 2018

Poden consultar aquí as actividades correspondentes ao mes de xaneiro de 2018

XANEIRO 2018
1 2 3

 4

 

 5

 

 6  7
 8

 9

 10

Charla USC

2º BACH

 11

Charla UDC

2º BACH

 12

 13

 14

 15

 

 16

17

 

 18

 

 19

 

 20  21
 22

 23

Conferencia Xeoloxía

2º BACH

 24

Visita ao CIT

1º BACH

 25

 

 

 

 26

 27  28
29  30  31

 

 

 

     

XORNADA DE PORTAS ABERTAS E CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL

21 de decembro

Como o ano pasado, o centro IES As Telleiras, abrirá as súas portas, a partir das 12:30, para aqueles familiares que queiran desfrutar da decoración das portas das aulas dos seus fillos/as. Esperamos a súa asistencia, e que así poidan apreciar o esforzo dos nosos alumnos no éxito desta xornada.

Xa rematada a xornada, ofrecemos unha pequena mostra:

   
 

Actividades complementarias e extraescolares novembro 2017

Poden consultar aquí as actividades correspondentes ao mes de novembro de 2017

NOVEMBRO 2017
         1  

 2

Teatro Concello de Narón

 

 3

Teatro Concello de Narón

 4  5
 6

 7

Obradoiro 

2º ESO

 8

 9

 Obradoiro 

2º ESO 

 

 10

WBT (Tokio)

 11

WBT (Tokio)

 12

WBT (Tokio)

 13

Charlas de divulgación científica

WBT (Tokio)

 14

WBT (Tokio)

15 

WBT (Tokio)

Obradoiro 

1º ESO

 16

WBT (Tokio)

 17

WBT (Tokio)

 18  19
 20

 21

Obradoiro 

2º ESO

 22

Obradoiro 

1º ESO

 23

 

 

 

 24

Visita Muíño Pedroso.

Obradoiro 2º ESO

 25  26
27   28  29

 30

 

 

 

     
Distribuir contido


by Dr. Radut