O venres 28 de outubro o IES As Telleiras celebrou de forma conxunta o Samaín e o Magosto. Nesta conmemoración o alumnado realizou diversas actividades ao longo da mañá.
Por un lado, o alumnado de 1ºESO, 2ºESO e 3ªESO participou nun concurso de portas fúnebres. Aquí podedes ver algunha delas:
Por outro lado, o alumnado de 4ºESO e 1ºBACH participou nun concurso de epitafios con moita retranca:
Mesmo o profesorado do centro se animou a participar decorando as portas dos distintos departamentos didácticos:
Ao longo da mañá tamén se desvelaron as persoas gañadoras do concurso de relatos de ultratumba, convocado pola biblioteca, e do concurso de cabazas.
As persoas premiadas no concurso de relatos foron Daniel Varela Tajes con "La casa misteriosa", Julia Calderón Lago con "Pesadelos de dor" e Diego Mourente con "El castillo del Infierno".
As tres cabazas gañadoras foron da autoría de Diego Mourente, Ayelén Rodríguez Vilariño e Carolina Yáñez Gato, e Alexandre Rodríguez e Claudia Rego Serantes.
E ao finalizar a mañá todo o alumnado do centro e o resto dos membros da comunidade educativa gozaron dunha degustación de castañas asadas.