Skip to Content

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS DE MODALIDADE E MATERIAS DE OPCIÓN NA ABAU

En documento adxunto poden comprobarse os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción na ABAU. Para máis información pode consultarse a páxina da CIUG

MATRÍCULA NA ABAU A TRAVÉS DA SECRETARÍA DO CENTRO

Para consultar as normas da matrícula na proba de avaliación de Bacharelato (ABAU) a través da secretaría deste centro pulse na imaxe: 

 

REVISIÓNS DE EXAMES E RECLAMACIÓNS 2º BACHARELATO

Para acceder ao calendario de avaliación, revisións e reclamacións pulse na imaxe: 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Están xa publicadas no taboleiro do centro as listaxes de admitidos provisionais no período de admisión. As definitivas publicaranse o 15 de maio. 

Para calquera aclaración poden chamar ao teléfono do centro 881 930 350 ou escribirnos ao correo ies.telleiras@edu.xunta.es. 

Así mesmo, poden consultar toda a información relativa a este proceso na ORDE do 21 de outubro de 2022.  

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

O alumnado que finalice os estudos de Bacharelato no curso 2022/2023 nun centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia poderá obtar aos Premios Extraordinarios sempre e cando a nota media do Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75. 

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes; comezará o 26 de abril de 2023 e finalizará o día 25 de maio de 2023. 

As solicitudes de participación presentaranse preferibelmente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñíbel na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), accesíbel desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Adxuntamos a convocatoria para máis información. 

RECURSO DE REPOSICIÓN DE BOLSAS DE ESTUDO 22/23

BOLSAS DE ESTUDO 2023/2024

O prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/2024 será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Poderán ser beneficiario das distintas contías o alumnado que no ano académico 23/24 curse as seguintes modalidades:

-Bacharelato

-Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

-Formación profesional de grao medio e de grao superior

-Ensinanzas artísticas profesionais e superiores

-Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

-Ensinanzas deportivas

-Estudos relixiosos superiores

-Formación Profesional de Grao Básico

 

Para solicitar estas bolsas de estudos os trámites serán todos on-line.

 

Poden obter máis información aquí.

 

 

 

O Club de Ciencias CONTROL +T premiado pola súa participación na First Lego League

O sábado 4 de marzo o Club de Ciencias CONTROL+T participou na novena edición da FIRST LEGO LEAGUE, que reuniu a uns 300 participantes en Ferrol.

Ao longo da mañá realizaron varias probas cun robot e presentaron un proxecto científico que mereceu o Premio Gabadi á Excelencia en Enxeñaría. Galardón especial mereceu tamén Manuel Couceiro, o coordinador do Club de Ciencias, que recibiu o premio ao mellor adestrador.

Parabéns a todos eles polo esforzo e a dedicación que mostran a diario no centro.

 

O alumnado de oratoria de 2ºESO participa nun pleno escolar no Concello de Narón

 

O venres 3 de marzo, o Concello de Narón celebrou un pleno moi especial, no que alumnos e alumnas do IES As Telleiras, do CPR Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos se converteron en concelleiros/as por un día e realizaron varias propostas de enorme interese. Nesta sesión tamén participou a concelleira de Educación, Mercedes Taibo, o secretario Xeral, Afonso de Padro e presidiu a sesión a alcaldesa, Marián Ferreiro.

As propostas do alumnado de Telleiras ían destinadas ao ámbito do lecer, do deporte e dos servizos de transporte público. Agardamos que este encontro e estas propostas sexan tan ben acollidas polo Concello de Narón como entre o alumnado e o profesorado o foi a participación nesta actividade.

A camiseta que máis mola do IES As Telleiras

 

Distribuir contido


by Dr. Radut