Skip to Content

Música

MÚSICA EN TEMPOS DE CONFINAMENTO...

    Teredes dende mañá mércores 25 na web do centro un cadro, materia por materia, lembrádoos a maneira de seguir avanzando e ter contacto cos vosos/as profesores/as. (Como me consta xa levades facendo). Este cadro-resumo de onde atopar información é de especial interese para o alumnado da miña titoría. Para vos e tamén para o resto do alumnado anímovos a contactar ao través do enderezo mail:    

                eiriz@telleiras.org

     Facede as actividades que vos pido, lede e resumide as lecturas obrigatorias que vos indico, vede os vídeos que vos recomendo e, o mais importante, utilizade a música dun xeito tamén UTIL para aprender e evitar momentos de "tensión" que desafortunadamente aparecerán tras tantos dias de illamento.

     Neste sentido, suspendo as tarefas relacionadas coa FRAUTA-que pode non "contribuir" á paz familiar...-,pero non así o CARRILLON...que, con baquetas xiradas, ben sabedes que apenas se escoita.

    Moita forza, paciencia e RESPETO cara os vosos irmás e pais/nais ou titores e demais familiares. Entre todos superaremos esta crise. Ata moi pronto.  Manuel.

 

 

 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN CURSO 2019-2020

 

IES “AS TELLEIRAS”. Departamento didáctico de Música.

 

ADAPTACION DA PROGRAMACION DIDACTICA DE MUSICA

2º y 3º ESO. 2019-2020.

 

INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

 

As instrucción do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autonoma de Galicia.

SEGUNDO ESO.

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Estándares de aprendizaxe

Criterios de avaliación

▪ MUB1.1.1. Recoñece os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, utilizando unha linguaxe técnica apropiada. ▪ MUB1.1.2. Recoñece e aplica os ritmos e os compases a través da lectura ou a audición de pequenas obras ou fragmentos musicais. ▪ MUB1.1.3. Identifica e transcribe ditados de patróns rítmicos e melódicos con formulacións sinxelas en estruturas binarias, ternarias e cuaternarias. ▪ MUB1.2.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

▪ B1.1. Recoñecer os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, utilizando unha linguaxe técnica apropiada e aplicándoos a través da lectura ou a audición e a interpretación de pequenas obras ou fragmentos musicais. ▪ B1.2. Distinguir e utilizar os elementos da representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

MUB1.4.1. Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e as normas do coidado da voz, o corpo e os instrumentos. ▪MUB1.4.4. Adquire e aplica as habilidades técnicas e interpretativas necesarias nas actividades de interpretación,lembrando o feito en clase cando había clases presenciais. (Opcional: só cando a paz familiar así o permita).▪MUB1.6.4. Practica as pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao/á director/a e a outros/as intérpretes,

audición interior, memoria e adecuación ao conxunto, amosando espírito crítico , na casa, ante a sua interpretacion▪MU B1.6.1. Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas de diferentes xéneros, estilos e culturas, aprendidas por imitación e a través da lectura de partituras con diversas formas de notación, adecuadas ao nivel. (Vídeos youtube durante o confinamento).

B1.4. Amosar interese polas habilidades técnicas como medio para as actividades de interpretación, valorando as normas que rexen na interpretación en grupo-vídeos- e achegando ideas musicais que contribúan ao perfeccionamento da tarefa común. B1.6. Participar comentandoas actividades deinterpretación,-reflictidas en vídeos durante o confinamento- asumindo diferentes papeis, imaxinándose o que debería facer polo ben común.

MUB2.1.1. Diferencia as sonoridades dos instrumentos da orquestra, así como a súa forma e os diferentes tipos de voces. * MUB2.1.2. Diferencia as sonoridades dos instrumentos máis característicos da música popular moderna, do folclore e doutras agrupacións musicais. * MUB2.2.1. Sigue partituras como apoio á audición. * MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición. * MUB2.4.1. Describe os elementos das obras musicais propostas. * MUB2.4.2. Utiliza de xeito guiado recursos como apoio á análise musical. * MUB2.4.3. Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de forma oral e escrita, con rigor e claridade. * MUB2.5.1. Toma conciencia da contribución da música á calidade da experiencia humana, amosando unha actitude crítica ante o consumo indiscriminado de música. * MUB2.5.2. Elabora traballos de indagación sobre a contaminación acústica.

▪ B2.1. Identificar e describir os instrumentos e as voces, e as súas agrupacións. ▪B2.2. Seguir distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais na casa como apoio ás tarefas de audición cos enlaces de internet propostos. ▪B2.3. Valorar o silencio como condición previa para participar nas audicións(Non estarei en cada casa para comprobalo, mais deberán lembrar a importancia del). ▪B2.4. Identificar e describir, mediante o uso de distintas linguaxes (gráfica, corporal ou verbal), elementos e formas de organización e estruturación musical (ritmo, melodía, textura, timbre, repetición, imitación, variación) dunha obra musical interpretada en vivo ou gravada. ▪B2.5. Identificar situacións do ámbito cotián nas que se produce un uso indiscriminado do son, analizar as súas causas e propor solucións.

* MUB3.3.1. Valora e respecta a importancia do patrimonio musical español e galego * MUB3.3.2. Practica, interpreta e memoriza pezas vocais e instrumentais do patrimonio español e galego (Nota: conscientes do momento dificil nas casas, a práctica musical recomendarasemais só cando non interfira na paz familiar).* MUB3.3.3. Coñece e describe os instrumentos tradicionais españois e galegos. * MUB3.4.1. Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos musicais * MUB3.4.2. Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito só escrito durante a pandemia, con rigor e claridade.

* B3.4. Valorar a asimilación e o emprego dalgúns conceptos musicais básicos necesarios á hora de emitir xuízos de valor ou "falar de música ou historia da música".

▪ MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical. ▪ MUB4.2.1. Utiliza de xeito guiado as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical.

▪ B4.1. Utilizar recursos tecnolóxicos dispoñibles para gravar e reproducir música, agora mais imprescindibles ca nunca durante esta pandemia. ▪B4.2. Utilizar de xeito funcional os recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e a indagación do feito musical.

TERCEIRA AVALIACION.

MUB1.1.1. Recoñece os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, utilizando unha linguaxe técnica apropiada. ▪MUB1.1.2. Recoñece e aplica os ritmos e os compases a través da lectura ou a audición de pequenas obras ou fragmentos musicais. ▪MUB1.2.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

▪MUB1.4.1. Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e as normas do coidado da voz, o corpo e os instrumentos.

▪ B1.1. Recoñecer os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, utilizando unha linguaxe técnica apropiada e aplicándoos a través da lectura ou a audición e a interpretación de pequenas obras ou fragmentos musicais. ▪B1.2. Distinguir e utilizar os elementos da representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.). B1.4. Amosar interese polo desenvolvemento das capacidades e as habilidades técnicas como medio para as actividades de interpretación, aceptando e cumprindo as normas que rexen a interpretación en grupo e achegando ideas musicais que contribúan ao perfeccionamento da tarefa común

MUB2.1.1. Diferencia as sonoridades dos instrumentos da orquestra, así como a súa forma e os diferentes tipos de voces. * MUB2.1.2. Diferencia as sonoridades dos instrumentos máis característicos da música popular moderna, do folclore e doutras agrupacións musicais.

B2.1. Identificar e describir os instrumentos e as voces, e as súas agrupacións. ▪B2.2. Seguir distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición.

* MUB2.2.1. Sigue partituras como apoio á audición. * MUB2.3.1. Valora o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición. * MUB2.4.1. Describe os elementos das obras musicais propostas. * MUB2.4.2. Utiliza de xeito guiado recursos como apoio á análise musical. * MUB2.4.3. Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de forma oral e escrita, con rigor e claridade.

▪B2.3. Valorar o silencio como condición previa para participar nas audicións. ▪B2.4. Identificar e describir, mediante o uso de distintas linguaxes (gráfica, corporal ou verbal), elementos e formas de organización e estruturación musical (ritmo, melodía, textura, timbre, repetición, imitación, variación) dunha obra musical interpretada en vivo ou gravada. ▪B2.5. Identificar situacións do ámbito cotián nas que se produce un uso indiscriminado do son, analizar as súas causas e propor solucións.

* MUB3.1.1. Recoñece distintas manifestacións da danza. * MUB3.1.2. Distingue as diversas funcións que cumpre a música na nosa sociedade. * MUB3.3.1. Valora e respecta a importancia do patrimonio musical español e galego. * MUB3.3.3. Coñece e describe os instrumentos tradicionais españois.

▪ B3.1. Realizar exercicios que reflictan a relación da música con outras disciplinas.

* MUB3.4.1. Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos musicais * MUB3.4.2. Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito escrito, con rigor e claridade. * MUB3.5.1. Utiliza diversas fontes de información de xeito guiado para indagar sobre novas tendencias, representantes, grupos de música popular, etc., e realiza unha revisión crítica desas producións. * MUB3.5.2. Interésase por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.

* B3.4. Valorar a asimilación e o emprego dalgúns conceptos musicais básicos necesarios á hora de emitir xuízos de valor ou "falar de música". * B3.5. Amosar interese e actitude crítica pola música actual, os musicais, os concertos en vivo e as novas propostas musicais, valorando os seus elementos creativos e innovadores.

MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical. MUB4.2.1. Utiliza de xeito guiado as fontes e os procedementos apropiados para respostar a actividades sobre temas relacionados co feito musical

B4.1. Utilizar recursos tecnolóxicos dispoñibles para reproducir música. B4.2. Utilizar de xeito funcional os recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e a indagación do feito musical.

 

TERCEIRO ESO.

 

2. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles.

 

Estándares de aprendizaxe.

Criterios de avaliación.

* MUB2.1.3. Explora e descubre as posibilidades da voz e os instrumentos, e a súa evolución ao longo da historia da música. * MUB2.2.1. Le e analiza partituras como apoio á audición. * MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición. * MUB2.4.1. Amosa interese por coñecer músicas doutras épocas e culturas, comparando e contrastando as novas músicas coñecidas. * MUB2.4.2. Recoñece e sabe situar no espazo e no tempo músicas de diferentes culturas e épocas históricas. * MUB2.5.1. Describe de xeito pormenorizado os diferentes elementos das obras musicais propostas usando distintas linguaxes. * MUB2.5.2. Utiliza recursos con autonomía como apoio ao análise musical. * MUB2.5.3. Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade.

* B2.1. Identificar e describir os instrumentos e voces e as súas agrupacións. * B2.2. Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais pedidas para facer na casa como apoio ás tarefas de audición. * B2.3. Valorar o silencio como condición previa para participar nas audicións. * B2.4. Recoñecer auditivamente e determinar a época ou a cultura á que pertencen distintas obras musicais, interesándose por ampliar as súas preferencias. * B2.5. Identificar e describir, mediante o uso de distintas linguaxes (gráfica, corporal ou verbal), algúns elementos e formas de organización e estruturación musical (ritmo, melodía, textura, timbre, repetición, imitación e variación) dunha obra musical interpretada en vivo ou gravada.

* MUB3.1.1. Expresa contidos musicais e relaciónaos con épocas da historia da música e con outras disciplinas. * MUB3.1.2. Recoñece manifestacións da danza identificando e explicando con linguaxe técnica adecuada a época histórica á que pertencen. * MUB3.1.3. Distingue e explica as diversas funcións que cumpre a música na sociedade ao longo da historia. * MUB3.2.1. Amosa interese por coñecer música de diferentes épocas e culturas como fonte de enriquecemento cultural e satisfacción persoal, elaborando algún proxecto de investigación e exposición * MUB3.3.1. Relaciona as cuestións técnicas aprendidas vinculándoas ás épocas da historia da música correspondentes. • MUB3.4.1. Distingue e sitúa temporalmente ás épocas da historia da música e as tendencias musicais. * MUB3.4.2. Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, o desenvolvemento tecnolóxico e a música na sociedade. • MUB3.5.1. Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos musicais. * MUB3.5.2. Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade.MUB3.6.1. Utiliza diversas fontes de información para indagar sobre as novas tendencias, representantes, grupos de música popular, etc., e realiza unha revisión crítica desas producións. * MUB3.6.2. Interésase por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.

* B3.1. Realizar exercicios que reflictan a relación da música con outras disciplinas. * B3.2. Demostrar interese por coñecer músicas de distintas características, épocas e culturas, e por ampliar e diversificar as propias preferencias musicais, adoptando unha actitude aberta e respectuosa. * B3.3. Relacionar as cuestións técnicas aprendidas coas características das épocas da historia musical. * B3.4. Distinguir, situar e caracterizar as grandes épocas da historia da música. * B3.5. Valorar a asimilación e empregar algúns conceptos musicais básicos necesarios á hora de emitir xuízos de valor ou falar de música. * B3.6. Amosar interese e actitude crítica pola música, os concertos en vivo e as propostas musicais, valorando os seus elementos creativos e innovadores ao longo da historia.

* MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical. * • MUB4.1.2. Analiza todos os aspectos da produción musical demostrando o uso adecuado dos materiais relacionados, os métodos e as tecnoloxías. * MUB4.2.1. Utiliza con autonomía as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical.

* B4.1. Utilizar con autonomía os recursos tecnolóxicos dispoñibles, demostrando un coñecemento básico das técnicas e dos procedementos necesarios para gravar, reproducir, crear, interpretar música e realizar sinxelas producións audiovisuais. * B4.2.Utilizar de maneira funcional os recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e a indagación do feito musical

TERCEIRA AVALIACION

• MUB1.1.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.). • MUB1.2.1. Recoñece, comprende e analiza tipos de textura. • MUB1.3.1. Comprende e identifica os conceptos e os termos básicos relacionados cos procedementos compositivos e os tipos formais. MUB1.4.1. Amosa interese polo coñecemento de técnicas e normas do coidado da voz, o corpo e os instrumentos. •

* B1.1. Distinguir e utilizar os elementos da representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.). * B1.2. Analizar e comprender o concepto de textura e recoñecer, a través da audición e a lectura de partituras, os tipos de textura. * B1.3. Coñecer os principios básicos dos procedementos compositivos e as formas de organización musical. * B1.4. Amosar interese polo coñecemento das habilidades técnicas como medio para as actividades de interpretación de cara a vindeiros cursos.

* MUB2.1.3. Explora e descubre as posibilidades da voz e os instrumentos, e a súa evolución ao longo da historia da música. * MUB2.2.1. Le e analiza partituras como apoio á audición. * MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición. * MUB2.4.1. Amosa interese por coñecer músicas doutras épocas e culturas, comparando e contrastando as novas músicas coñecidas. * MUB2.4.2. Recoñece e sabe situar no espazo e no tempo músicas de diferentes culturas e épocas históricas. * MUB2.5.1. Describe de xeito pormenorizado os diferentes elementos das obras musicais propostas usando distintas linguaxes. * MUB2.5.2. Utiliza recursos con autonomía como apoio ao análise musical. * MUB2.5.3. Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito escrito, con rigor e claridade.

B2.1. Identificar e describir os instrumentos e voces e as súas agrupacións. * B2.2. Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio ás tarefas de audición. * B2.3. Valorar o silencio como condición previa para participar , na casa, nas audicións. * B2.4. Recoñecer auditivamente e determinar a época ou a cultura á que pertencen distintas obras musicais, interesándose por ampliar as súas preferencias. * B2.5. Identificar e describir, mediante o uso de distintas linguaxes (gráfica ou verbal), algúns elementos e formas de organización e estruturación musical (ritmo, melodía, textura, timbre, repetición, imitación e variación) dunha obra musical interpretada en vivo ou gravada. (De internet).

* MUB3.1.1. Expresa contidos musicais e relaciónaos con épocas da historia da música e con outras disciplinas. * MUB3.1.3. Distingue e explica as diversas funcións que cumpre a música na sociedade ao longo da historia. * MUB3.2.1. Amosa interese por coñecer música de diferentes épocas e culturas como fonte de enriquecemento cultural e satisfacción persoal, elaborando algún “mini” proxecto de investigación * MUB3.3.1. Relaciona as cuestións técnicas aprendidas vinculándoas ás épocas da historia da música correspondentes. • MUB3.4.1. Distingue e sitúa temporalmente ás épocas da historia da música e as tendencias musicais. * MUB3.4.2. Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, o desenvolvemento tecnolóxico e a música na sociedade. • MUB3.5.1. Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos musicais. * MUB3.5.2. Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito escrito, con rigor e claridade.

* MUB3.6.1. Utiliza diversas fontes de información para indagar sobre as novas tendencias, representantes, grupos de música popular, etc., e realiza unha revisión crítica desas producións. * MUB3.6.2. Interésase por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.

* B3.1. Realizar exercicios que reflictan a relación da música con outras disciplinas. * B3.2. Demostrar interese por coñecer músicas de distintas características, épocas e culturas, e por ampliar e diversificar as propias preferencias musicais, adoptando unha actitude aberta e respectuosa. * B3.3. Relacionar as cuestións técnicas aprendidas coas características das épocas da historia musical. * B3.4. Distinguir, situar e caracterizar as grandes épocas da historia da música. * B3.5. Valorar a asimilación e empregar algúns conceptos musicais básicos necesarios á hora de emitir xuízos de valor ou falar de música. * B3.6. Amosar interese e actitude crítica pola música, os concertos en vivo e as propostas musicais, valorando os seus elementos creativos e innovadores ao longo da historia.

* MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical. * • MUB4.1.2. Coñece os aspectos da produción musical demostrando, “na teoría”, o uso adecuado dos materiais relacionados, os métodos e as tecnoloxías. * MUB4.2.1. Utiliza con autonomía as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical.

* B4.1. Utilizar con autonomía os recursos tecnolóxicos dispoñibles, demostrando de xeito téorico un coñecemento básico das técnicas e dos procedementos necesarios para gravar, reproducir, crear, interpretar música e realizar sinxelas producións audiovisuais. * B4.2.Utilizar de maneira funcional os recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e a indagación do feito musical

 

2. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

Proporanse actividades de reforzo, repaso e ampliación das aprendizaxes do primeiro e segundo trimestre, tendo en conta os estándares de aprendizaxe sinalados no apartado anterior.

Cualificación final de curso. A nota final de curso farase tendo en conta a nota e a evolución do alumnado do primeiro e segundo trimestre. O traballo desenvolvido no terceiro trimestre soamente computará cando beneficie ao alumnado, contribuindo como máximo ata un 20% na nota final de curso,seguindo os criterios abaixo expostos.

Os intrumentos e procedementos de avaliación inclúen a análise e corrección das actividades propostas ao longo do terceiro trimestre.

Así mesmo,o alumnado con algún trimestre suspenso que, a través das actividades de reforzo e recuperación acadasen os mínimos esixidos según os criterios abaixo expostos, terán a materia superada.

- A entrega das actividades solicitadas suporá o 40% da nota; poden ser comprensións lectoras, dictados, exercicios, produccións propias escritas…

- A valoración axeitadas das actividades solicitadas, suporá un 60%

3.METODOLOXíA E ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE.

ACTIVIDADES E METODOLOXîA DO TERCEIRO TRIMESTRE. As actividades serán de diversa índole como xa se indicou no apartado 2. Todas as actividades enviaránse á web do centro e á Aula virtual, onde lembrase a TODOS OS CORREOS do alumnado os prazos de entrega. Só valorarase os comentarios escritos realizados posterior á actividade musical feita na casa. E en calquera caso todo queda suxeito ás condicións de “PAZ FAMILIAR “ que endexamais a práctica musical de carillón ou frauta poden romper, nestes tempos de confinamento e pisos pequenos. Rexirá, pois, o “sentido común” e primará o escrito nunha materia que, de transcorrir con normalidade, sí tería unha parte práctica individual e grupal. Nesta situación a práctica doutros, ao través de vídeos, invitará á reflexión, o estudo e a posible práctica, insisto, opcional. Os alumnos devolverán as actividades sinaladas para seren corrixidas e avaliadas por medio dun archivo word ou similar ou ben dunha fotografía adxunta a un correo electrónico.

Este será tamén o modo de facermos chegar aos alumnos as correccións e os apuntamentos correspondentes. O profesorado valorará a necesidade de aportar matarial explicativo como enlaces, vídeos, clases online…

Para o alumnado que non supere o curso na convocatoria de xuño prepararase unha serie de actividades que serán avaliadas de cara a convocatoria de setembro, conforme á Programación xeral e tendo en conta os contidos das 2 primeiras avaliacións.

 

MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE E ALUMNADO SEN CONECTIVIDADE Para atendermos á diversidade do alumnado poderase realizar un conxunto de modificacións nun ou varios dos compoñentes básicos do currículum e/ou nos elementos da metodoloxía. O alumnado de reforzo poderá ter un material diferente ou con variacións respecto ao que fan os demais compañeiros, sempre tendo en conta as circunstancias e necesidades de cada un.

MATERIAIS E RECURSOS Os materias e recursos fundamentais son: ordenador, móvil ou tablet, conexión a internet e correo electrónico. O instituto proporcionou ao alumnado con problemas de conexión, o ordenador e conexión a internet necesaria.

En canto ao ALUMNADO CON PENDENTES facilitóuselles unhas actividades sustitutivas das tarefas que tiñan que facer presenciales. Éstas serán valoradas e puntuadas de cara a superar a materia de Música do curso anterior. (Elimínanse pois as probas prácticas que habería nun curso “normal”).

4.CONSTANCIA DE INFORMACIÓN E PUBLICIDADE

 

Este anexo será publicado na páxina web do centro.

Asimesmo informarase ao través de ABALAR destas novidades que poden consultar na web do centro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut