Skip to Content

RECOLLIDA DE EQUIPAMENTO E-DIXGAL

Os país e nais do alumnado de 4º ESO devolverán o equipamento E-Dixgal o día 1 de Xullo de 10:00 a 12:00 da mañá. Non esquezades entregar ordenador e cargador na súa caixa así como o maletín, e asinar o documento de devolución correspondente.

O CLUB DE LECTURA E O TESORO DE ARTABRIA

“El tesoro de Artabria” de Juan José Lada Vilariño foi un dos libros elexidos polo Club de lectura neste curso. No día de hoxe o noso alumnado seguiu as pistas pola cidade de Ferrol nunha pescuda do tesouro igual que os protagonistas do libro!!

 
     

 

 

CALENDARIO FIN DE CURSO ESO E EXTRAORDINARIA 1º BAC

Compartimos o esquema coas datas relevantes de final de curso, para a convocatoria extraordinaria de 1º de bacharelato e para a ESO.

SEN SERVICIO DE CAFETERÍA

 

Por causas alleas a este centro, permaneceremos esta semán sen servicio de cafetería. Pregamos que o alumnado que así o precise e queira, traia a merenda de media mañá e a bebida. Tampouco teremos comedor o martes a mediodía. Desculpade as molestias.

LIBROS DE TEXTO 2024-25

Os libros de texto propostos polos departamentos didácticos para o curso 2024-25 son os seguintes (por favor, non merquedes os libros de Bioloxía e Xeoloxía aínda):

        1º ESO      1º BAC
        2º ESO 
     2º BAC
        3º ESO  
        4º ESO  

GRADUACIÓN DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO celebrou o pasado vernes a súa graduación, en compañía do profesorado do centro. Foi un acto sinxelo e moi divertido, con discursos do Xefe de Estudos e das titoras e a actuación de Diego Mourente, que interpretou dúas cancións para todos nós. Logo disfrutaron duns pinchos no hall do centro.

 

Non esquezades que en Telleiras teredes sempre a vosa casa.

 

Parabéns a todos e todas!!

 

 

SORTEO CESTA GADELICIA

O pasado martes tivo lugar o sorteo da supercesta de produtos galegos de Gadelicia, premio das rifas que o alumnado de 1º e 2º da ESO estiveron a vender para costearse o excursión a Galipark do vindeiro 21 de xuño. O número gañador foi o 3385, que pertence á alumna Estela Niebla Alves, de 2ºESO A.

Noraboa, Estela!!


 

PRIMAVERA EN TELLEIRAS

Agora que o curso está a piques de rematar e o verán se achega, poñemos punto e final a moitas actividades e proxectos que comezaron hai meses. Estamos a ter unha primavera moi movidita e chea de traballo! Aquí tedes algúns dos froitosdeste curso:  

O Clube de Ciencia, logo do seu grande éxito na FLL, centrouse máis no mundo natural coa crianza de gusáns de seda e o cultivo da horta. Esperamos recoller moitas leitugas, tomates e xudías. 

 

 

 

 

O 16 de maio entregáronse os premios do XXVIII Certamen Intercentros Concello de Narón, no Pazo da Cultura e foron moitos os alumnos premiados do noso centro, en categorías moi variadas. Aquí tedes os seus nomes:

 

·       O grupo de teatro “Moucho e Cuquiña” de 2ºESO.

 

·       O alumnado de Cultura Audiovisual de 1º BAC polo corto “Desbotando tópicos”.

 

·       A alumna Duna Martínez de 2º ESO, pola obra “Marie” na categoría de Narrativa.

 

·       A alumna Aitana Dopico de 2º ESO pola obra “A mellor decisión”.

 

·       A alumna Celia Aneiros de 2º BAC pola poesía “Bruce Springsteen” e un accesit pola obra “Bailando con lobos”.

 

Noraboa a todos e todas!!

 

 

O alumnado de Educación Plástica está a reinterpretar obras pictóricas moi recoñecibles, especializándose nas de pintores galegos, que exponen no hall do centro.  Asimesmo o alumnado de 4º ESO está a decorar as paredes do pasillo de acceso á súa clase con colores alegres e festivos, e motivos moi primaverais.

 

O 22 de maio o alumnado de Economía da Empresa e o de Tecnoloxía e Enxeñería de 2º BAC visitou no Polígono de Sabón as instalacións de Inditex, para coñecer de primeira man o seu proceso produtivo, a loxística e as estratexias de marketing da empresa. Voltaron abraiados e aprenderon moitísimo!!

 

 

O equipo de Normalización Lingüística estivo a traballar sobre a novela de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno labrego”, unha das máis lidas e traducidas da literatura galega. O alumnado fixo unha exposición preciosa que adorna o pasillo do edificio de bacharelato titulada “Eu son Balbino”.

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DO CEIP A SOLAINA

Onte veu de visita o alumnado de 6º de primaria do veciño CEIP A Solaina,  adscrito ao noso instituto. Recorreron a distancia que separa ambos centros en bici e logo deron unha volta polas nosas instalacións, recibiron información sobre os programas e oferta educativa e coñeceron a profesores e equipo directivo. Moi activos e simpáticos. Esperamos terlles gustado e que estean connosco o curso que vén!  

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2023-2024

 A Xunta de Galicia convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2024.

    As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,  ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.

 Máis información no DOG do 6 de xuño de 2024 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

Para ver resumo, pincha aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut