Skip to Content

ENTREGA ORDENADORES EDIXGAL 4ºESO

O alumnado de 4ºESO deberá entregar os ordenadores Edixgal o venres 23 de xuño despois da entrega de notas e na seguinte orde: 

4ºESO A  11:15

4ºESO B  11:45

4ºESO C  12:15

A entrega realizarase na biblioteca e os ordenadores deberán vir en bo estado, na caixa orixinal e coa bolsa, o cargador e o lapis incluído (aqueles que o traian). 

100% DE APROBADOS NAS PROBAS ABAU

Gustaríanos felicitar a todo o alumnado de 2° de Bacharelato que se presentou ás probas de acceso á universidade e que obtivo un 100% de aprobados.

Todo esforzo ten a súa recompensa. Estamos moi orgullosos de vós! Moitos parabéns e feliz e merecido verán!

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 2023/2024


 
Os sobres de matrícula entregaranse co boletín de notas o día 23 de Xuño. Aquel alumnado que aínda non dispoña del, ben por que proceda doutro centro ou porque non poida recollelo ese día, poderá facelo na conserxaría do centro. 

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA PARA A PROBA EXTRAORDINARIA DE ABAU

Para consultar as normas da matrícula na proba extraordinaria de avaliación de Bacharelato (ABAU) a través da secretaría deste centro pulse na imaxe:

Calendario da convocatoria ordinaria de 1ºBACHARELATO

Premios Extraordinarios da ESO as rendemento académico

Hoxe, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño e vai dirixido ao alumnado que finalice os estudos de ESO no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media na ESO igual ou superior a 9.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electrónica. 

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

GRADUACIÓN 2º BACH

 

Aberto o prazo de solicitude de bolsas para a compra de libros e de material escolar

Desde o sábado 20 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas tanto para libros de texto como para material escolar (75 euros) destinadas a alumnado matriculado en Primaria, Eso e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24. 

O período para a realización dos trámites oportunos para beneficiarse destas axudas extenderase até o 21 de xuño, este incluído. A presentación de solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar solicitudes presencialmente nos centros educativos ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa regularoda do procedemento administrativo común. 

As convocatorias poden consultarse no Diario Oficial de Galicia e no Portal Educativo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut