Skip to Content

Inicio do curso 2019 - 2020

 

ACTIVIDADES INICIO CURSO

2019-2020 (ESO E BACHARELATO)

 

O inicio das clases será o vindeiro luns 16 de setembro, de 8:30 h ás 14:10 h.

O alumnado dirixirase aos seguintes espazos segundo o nivel:

  •  1º e 2º de ESO no salón de actos.
  •  3º e 4º da ESO no vestíbulo do edificio principal.
  •  1º e 2º de Bacharelato no vestíbulo do edificio de Bacharelato.

 

IMPORTANTE:

O luns 16 de setembro haberá

TRANSPORTE ESCOLAR.

CAMBIO DE NÚMERO DE CONTACTO

Dende o día 30 de novembro de 2016 dispoñemos dun novo número de teléfono:

881 930 350

PETICIÓN

Rógase aos pais e nais que eviten circular dentro do recinto no horario de entrada e saída do alumnado xa que a aglomeración de vehículos a esas horas pode resultar perigoso para os viandantes, fundamentalmente os alumnos e as alumnas do instituto.

MOITAS GRAZAS

Día del Libro en As Telleiras

Exposición de carteles (portadas de periódicos) con textos, en tono humorístico, elaborados por el alumnado. Para leer los textos, pincha en los enlaces.

 

Alumnado de Literatura Universal 1º BAC:

    

Alumnado de 4º ESO: movimientos literarios

- Modernismo

- Generación del 98

- Vanguardias

Alumnado de 2º ESO: tópicos literarios              

Póster 1, póster 2, póster 3

BO NADAL

Concurso de postais do Nadal 2020-2021


Concurso de postais do Nadal

2020-2021


 

Resultaron gañadoras do Concurso, celebrado no IES As Telleiras, as postais das seguintes alumnas:

 

 

Sandra Ferreiro Castro  ---    1º Premio

 

 

 

Valeria López Castro     ---    2º Premio

 

 

 

Irene Criado Tizón        ---    3º Premio

"ENGLISH WEEK 2019/2020"

O noso centro educativo resultou seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística "English Week", organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e na que un total de 25 alumnos de 2º de E.S.O. vai disfrutar na compaña de escolatres doutros centros educativos de Galicia dun campamento formativo en lingua inglesa durante cinco días na localidade ourensana de Os Peares. 

Acompañará aos participantes Mercedes Rodríguez, membro deste departamento.

Campamentos deportivos de verán 2019

 

A Deputación da Coruña vén de convocar os campamentos deportivos de verán 2019 dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, e empadroados nun concello da provincia da Coruña.

As quendas de cada concello figuran no tríptico informativo.

A quenda de Narón é a segunda dende o 07 de xullo ata o 12 de xullo.

Inscricións: no concello no que o/a rapaz/a estéa empadroado/a

Prazo limite: antes do 31 de maio de 2019.

Para descargar o tríptico informativo clique aquí

  

 

 

Campamento científico da USC: Campus de Verán XuvenCiencia

 

Convocado o VII Campus de Verán XuvenCiencia, campamento científico da USC que terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato co obxectivo de poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

  • O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.
  • O custe da matrícula é 160 €.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

Máis información na páxina web https://xuvenciencia.org/campus/gl/

 

Pode descargar o folleto informativo clickando aquí

 

Distribuir contido


by Dr. Radut