Skip to Content

Trámites administrativos durante o Nadal


Trámites administrativos durante

o período do Nadal


 

Calquera trámite administrativo durante o período do Nadal será atendido por correo electrónico. Os/as solicitantes enviarán os datos pertinentes á dirección de correo do centro:

ies.telleiras@edu.xunta.es

 

A Dirección

Felicitación de Nadal 2020-2021

Día festivo: 23 de novembro

 


Día festivo: luns 23 de novembro


 

O vindeiro luns día 23 de novembro de 2020 non haberá clase, por ser festivo local en Narón.

 

A Dirección

Reunión titores/as e familias 2º ESO

 


Reunións das familias de 2º ESO

cos titores/as


 

Estimadas familias:

 
Dende Inspección comunícannos a recomendación de aprazar ata novo aviso as reunións de 2º da ESO previstas para o día de hoxe.
 
Sentimos as molestias ocasionadas.

Grazas pola vosa paciencia.

 

Un saúdo.

 

A Dirección

Reunión titores/as e familias

 


 Reunións das familias cos titores/as

 2020-2021


 

As reunións das familias do alumnado cos titores/as terán lugar no horario que se recolle na táboa, e de acordo coas seguintes normas e instrucións COVID:

- Soamente poderá acudir un proxenitor por cada alumno/a.

- É obrigatorio o uso de máscara.

- A entrada realizarase polo edificio da ESO.

- Á entrada é obrigatorio hixenizar as mans.

- As entradas e saídas serán graduadas, polo que se prega puntualidade.

- As presentacións realizaranse na aula e no pupitre de cada alumno/a.

- Deberán traer un bolígrafo por se hai que asinar algún documento.

 

Mércores 21 de outubro

Grupo

Hora de entrada

1º ESO A

16:30 h

1º ESO B

16:45 h

1º ESO C

17:00 h

 

Xoves 22 de outubro

Grupo

Hora de entrada

2º ESO A

16:30 h

2º ESO B

16:45 h

2º ESO C

17:00 h

2º ESO D

17:15 h

 

A Dirección

Apertura da Biblioteca


Apertura da Bibliotelleiras

Con esta viñeta, homenaxe ao xenial humorista gráfico

queremos dar a todos e todas a venvida á biblioteca.

 

Desde o luns 5 de outubro abrimos a nosa porta para atender o servizo de préstamo e devolución de libros todos os días nos tempos de lecer.

O equipo da Bibliotelleiras está encantado de estar de novo con tod@s vós.

E xa sabedes, Sentidiño e respecto das normas para facer entre tod@s fronte ao coronavirus.

 

O Equipo da Bibliotelleiras

EDIXGAL

edixgal

Convócase ás/aos nais/pais/titores legais do alumnado de 1º da ESO a unha reunión informativa o próximo martes 6 de outubro ás 18:10 horas no Salón de actos do centro para informar do computador Edixgal e facer entrega do mesmo.

IMPORTANTE:

. Só poderá asistir un só proxenitor do alumno/a.

. Deberá ocupar un asento marcado de cor vermella para manter as medidas de seguridade.

. Deberá traer un bolígrafo para asinar os documentos.

 

 

A Dirección

Anuncio biblioteca


Aviso sobre o servizo de préstamo e devolución de libros

Co fin de acondicionar axeitadamente a biblioteca ao protocolo COVID-19 permaneceremos pechados ata novo aviso.

En breve abriremos par poder atender o servizo de préstamo e devolución de libros.

 

 

 
POR UNHA BIBLIOTECA SEGURA E LIBRE DE CORONAVIRUS!

O equipo da Bibliotelleiras

Documentación Protocolo COVID 2020-2021


Documentación relacionada co
Protocolo COVID 2020-2021

 

- Horarios espello dos grupos de alumnado

 

Todos estes documentos, de acordo coas directrices das autoridades educativas e sanitarias, están en continua revisión, dadas as circunstancias cambiantes que se derivan da pandemia de COVID-19.

 

Publícase así mesmo o Programa de acollida do centro para o curso 2020-2021.

 

 

A Dirección

Aviso importante sobre o inicio de curso 2020-2021


Aviso importante

Inicio de curso 2020-2021


 

Estimadas familias:

 

Por cuestións organizativas e coa fin de garantir que todo o alumnado e o profesorado de nova incorporación coñezan axeitadamente as normas e medidas de seguridade e hixiene antes de comezar as clases, anunciamos que o primeiro día con horario habitual será o vindeiro luns 28 de setembro. Os días 23, 24 e 25 de setembro manteranse as presentacións de cada curso e grupo segundo o horario xa anunciado.

 

Un saúdo,

 

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut