Skip to Content

Matrícula Curso 2022-2023 -- ESO e Bacharelato


Matrícula 2022-2023

ESO e Bacharelato


 

Nivel Data Hora
1º ESO    28 de xuño  
 de 09:00 h a 14:00 h 
2º ESO 29 de xuño de 09:00 h a 14:00 h
3º ESO 30 de xuño de 09:00 h a 14:00 h
4º ESO 1 de xullo de 09:00 h a 14:00 h
1º de Bach
4 de xullo de 09:00 h a 14:00 h
2º de Bach 5 de xullo de 09:00 h a 14:00 h

Os sobres de matrícula entregaranse co boletín de notas o día 27 de xuño. Aqueles alumnos que aínda non dispoñan del, ben porque procedan doutro centro ou non poidan recollelo ese día, poderán facelo na conserxaría do centro.

A Dirección

RECOLLIDA ORDENADORES E-DIXGAL 4º ESO

 

Convócase ás/aos nais/pais/titores legais do alumnado de 4º ESO a unha reunión  o vindeiro mércores 22 de xuño na biblioteca para devolver os ordenadores E-Dixgal.

 

Deberán devolver o ordenador en perfecto estado e con todos os accesorios tal e como foi prestado (funda, caixa, lapis, cargador....). As/os nais/pais/titores legais deberán asinar o documento de devolución.

 

  Horario:

 

    4º ESO A 16:30

    4º ESO B 17:00

    4º ESO C 17:30

CALENDARIO EXAMES XUÑO CURSO 2021-2022

 


Calendario de exames

XUÑO 2022


 

As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria (BACHARELATO) e ORDINARIA/ FINAL (ESO) terán lugar entre os días 20 e 22 de xuño.

As data e horas de celebración das probas de cada unha das materias aparecen nos arquivos adxuntos para cada nivel:

 

 

En caso de dúbida ou de ter algún problema, contactar con Xefatura de

estudos.

 

 

 

Xefaturas de Estudo 

GRADUACIÓN IES AS TELLEIRAS

PARABÉNS A TOD@S

Campeonatos escolares 2021/2022 SUPERT

Calendario de exames de 2º BACHARELATO correspondente á convocatoria extraordinaria 2021-2022


CALENDARIO DE EXAMES DE 2º BACHARELATO

Convocatoria extraordinaria     --     2021-2022


 

Neste ENLACE pode consultarse o calendario de exames de 2º de bacharelato correspondente á convocatoria extraordinaria. As probas realizaranse entre o 20 e o 22 de xuño.

 

En caso de dúbida ou de ter algún problema, contactar con Xefatura de estudos.

 

A Dirección

UN NOVO ÉXITO DO ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS

O alumnado do IES As Telleiras participante nas probas de nivel lingüístico para a acreditación da competencia en lingua inglesa segundo regula o  Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL) ven de obter un enorme éxito, do que nos sentimos moi orgullosos.

 

Presentáronse 67 alumnos do segundo ciclo da E.S.O. e dos dous cursos de bacharelato ao abeiro da Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e foron quen de certificar os niveis B1, B2 e C1.

 

Dito alumnado foi coordinado e orientado polo profesorado do departamento de inglés ao que tamén queremos agradecerlle a súa profesionalidade e dedicación.

 

Xa agardamos pola convocatoria deste ano na que esperamos ser seleccionados para continuar nesta senda de innovación e de mellora da competencia lingüística en lingua inglesa do noso benquerido alumnado.

 

Parabéns para todos os participantes!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut