Skip to Content

Listaxes definitivas de admisión a ciclos de FPBásica

Xa están publicadas as listaxes definitivas de solicitudes así como a de adxudicación de prazas na FP Básica. 

Convocatoria dos Premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

Vén de publicarse a Convocatoria de Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal, que pretende dar recoñecemento público á constancia e á dedicación do alumnado desta etapa educativa. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. A convocatoria abrirá o 24 de agosto e finalizará o 23 de setembro. 

Pódese consultar aquí a convocatoria completa e e acceder aquí á solicitude. 

Moito éxito! 

Publicadas as notas da convocatoria extraordinaria das ABAU

Xa están publicadas as notas da convocatoria extraordinaria das ABAU. O alumnado poderá consultar as súas cualificacións aquí

 

Listaxes provisionais do fondo de libros

Publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros e vales para a adquisición de material escolar. 

Poden consultarse na aplicación fondo de libros a través de chave365 ou cun certificado dixital, presencialmente no centro ou chamando por teléfono. 

A listaxe definitiva publicarase previsiblemente o día 22. 

 

Reclamación da comisión bancaria relativa ao pagamento do seguro escolar

Estimadas familias, 

Antes os comentarios recibidos durante o período de matrícula polas comisións abusivas do banco no pagamento en efectivo do seguro escolar obrigatorio, a dirección do centro púxose en contacto coa entidade bancaria. 

Esta entidade informou de que a comisión de 3 euros é aplicable a calquera ingreso en efectivo e que, para evitala, o pagamento pódese facer a través do caixeiro ou por transferencia online. 

En todo o caso, puxeron á nosa disposición unha folla de reclamacións para que quen quixer poida tramitar individualmente unha queixa formal. Pode acceder a ela aquí.

Autobús escolar para o alumnado de Bacharelato

Ao alumnado de bacharelato non lle corresponde praza fixa no transporte escolar. Porén, poderá facer uso das prazas non asignadas en cada autocar, do mesmo modo que o resto da poboación. 

Facendo uso da Tarxeta Nova o alumnado terá dereito a 60 viaxes gratuítas, tal e como poden comprobar aquí.

Ademais, Monbús ten a disposición dos usuarios a liña XG640 que facilita as entradas e as saídas do centro escolar, en caso de non dispoñer de praza libre no transporte escolar. 

Recuperamos a zona de xogos para o curso 22-23

 

 

Calendario de cualificacións e reclamacións -- xuño 2022


Calendario cualificacións e reclamacións

xuño 2022


 

Convocatoria extraordinaria

2º BACHARELATO

 

DÍA

HORA

LUGAR

Entrega de Cualificacións

23 xuño

13:00 h

ABALAR

Revisión exames

27 de xuño

Ata 14:00 h

Conserxería

Reclamacións

27-28 xuño

Ata 14:00 h

Secretaría

Notificación da resolución da reclamación

29 xuño

Ata 13:30 h

Dirección

Reclamación ante a Comisión de Supervisión

30 xuño-1 xullo

Ata 13:30 h

Secretaría

Os alumnos de 2º Bacharelato se prefiren o boletín en papel poderán recollelo na conserxería do centro a partir das 13:00h.

 

Convocatoria ordinaria

ESO  e  1ºBACHARELATO

 

DÍA

HORA

LUGAR

Avaliacións

23 xuño

 

 

Entrega de Cualificacións

27 xuño

11:00 h

Aula de cada grupo

Revisión exames

27 de xuño

Ata 14:00 h

Conserxería

Reclamacións

28-29 xuño

Ata 14:00 h

Secretaría

Notificación da resolución da reclamación

30 xuño

Ata 13:30 h

Dirección

Reclamación ante  Xefatura Territorial

1-4 xullo

Ata 13:30 h

Secretaría

Lembramos que o día 24 de xuño é festivo, polo que o centro permanecerá pechado.

 

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut