Co fin de demostrar os seus coñecementos, o recinto Feira Internacional de Galicia Abanca acolleu desde o mércores o maior campionato de FP a nivel galego, o Galicia Skills, que reuniu a un total de 100 alumnos de 40 centros educativos, que por primeira vez competiron nun único espazo de xeito simultáneo. Tras dous días de intensas probas, hoxe déronse a coñecer aos gañadores de cada unha das 17 especialidades, as denominadas “skills”, que se corresponden con un ou máis ciclos das distintas familias profesionais, estos alumnos esforzáronse para ser un dos representantes da FP galega no vindeiro campionato nacional SpainSkills2017, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017 en Madrid.
O noso alumno de CS de Automoción Miguel Paz Pena titorizado por Miguel Vilela conseguiu acadar a medalla de ouro no Skill de Tecnoloxía do automobil, e representará a nosa comunidade no SpainSkill 2017.
Noraboa Miguel.