O martes 30 nas Barxas foi un día moi especial, porque recibimos a visita do alumnado de 6° dos nosos coles adscritos (CEIP A Guía, CEIP Domaio e CEIP Reibón), que participou, igual que a rapazada de 1° da ESO, en xogos populares, actividades nos Laboratorios de Ciencias e Física, na Biblioteca, en presentacións no Salón de actos e nun obradoiro de plástico máxico no vestíbulo. Queremos dar as grazas a todo o profesorado implicado, aos alumnos/as que explicaron o traballo que realizan nos diferentes clubs e ao Patronato Beiramar que nos veu axudar a organizar o día. Aí van unhas fotos!