O luns 6 de xuño levamos a Porto aos alumnos voluntarios da biblioteca e os dos clubs de lectura e escritura.
Visitamos a Livraría Lello, a Torre dos Clérigos, a Estaçao de S.Bento, a Sé, a Vía Catarina... Cruzamos a Ponte ata Gaia e montamos no teleférico, abraiados polas impresionantes vistas sobre o río Douro.
O día non deu para máis e soubo a pouco. Temos que repetir!
Grazas a todos polo marabilloso comportamento, a ilusión e o agarimo! Foi un pracer!!