CHARLA FERNANDO LALANA
O venres 29 de marzo visitounos o escritor Fernando Lalana. Na súa charla o autor respondeu ás preguntas do alumnado de 2º de ESO sobre as novelas policiacas El último muerto y La tuneladora, lecturas propostas en Lingua castelá.
Fernando Lalana non só resolveu as dúbidas sobre aspectos concretos da súa obra ou a súa biografía senón que, aproveitando as cuestións propostas polos alumnos, trasmitiunos a súa visión da literatura xuvenil e da creación literaria en xeral, con profundidade e o seu sentido do humor habitual.
O remate da charla dedicou e firmou exemplares das súas obras.