DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

As Barxas en Vigo: Espectáculo de Ciencia e estudo de gravación Planta Sónica

O pasado 27 de maio os alumnos de 3º ESO desprazáronse ata Vigo, a Fundación Barrié  para asistir a unha sesión de "Espectáculo de Ciencia" que recollía un conxunto de expriencias relacionadas coa Química. Os alumnos de 3º ESO C aproveitaron a viaxe para acercarse tamén ao estudio de gravación Planta Sónica onde, da man de Sergio Castro e Pancho de Lis, asistiron non só á explicación de como se fai para gravar música, se non tamén á crónica dun tempo pasado; o da movida viguesa dos anos oitenta do século pasado, e dun tempo presente; o da actual crise da industria discográfica.