IV Festival Audiovisual IES AS BARXAS

O xoves 29 de maio celebrouse no Centro o IV Festival Audiovisual IES As Barxas. Este ano presentábanse 5 curtas baixo o título "Realidades Delirantes":

  • O Exorcismo, baixo con guión de Brais Pérez onde unha lingua maléfica se apodera dunha nena.
  • El Oso, basado no conto de Woody Allen El Alce.
  • Adictos, trata de reflexar que pasaría nun mundo dominado polos móbiles.
  • La Cita, reflexa algún dos  perigos das citas a través de Internet
  • Detrás de ti, unha metáfora sobre o medo.

Como todos os anos a afluencia de público foi masiva e as curtas tiveron un gran éxito entre todos os asistentes.