PENDENTES DE FRANCÉS

 

RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES 2015/16

Os alumnos de ESO co Francés pendente de 1º ESO e 2º ESO deberán realizar:

Os alumnos que promocionen co Francés pendente do cuso anterior terán que realizar e entregar o día 1 de abril, é decir, antes da convocatoria oficial de maio as actividades de reforzo. Serán actividades referidas aos bloques de Comprensión / Produccíon escritas e a do bloque sobre o Coñecemento da língua e a consciencia intercultural e plurilingüe.

Estas actividades terán un seguimento por parte dos profesores do Departamento: fichas que serán revisadas e correxidas. No mes de febreiro poderán realizar unha entrega parcial ou total das actividades.

Os alumnos terán como manual de referencia “Tous à bord 1” e “Tous à bord 2” edit. Vicens Vives.

O examen consistirá nunha proba escrita con preguntas moi concretas e con opcións de resposta fixa para que o alumno escolla, sinale ou complete; tamén haberá algunha pregunta aberta para que o alumno elabore a resposta.

Criterios de cualificación: valorarase a adquisición das competencias dos ditos bloques. Será necesario acadar a calificación de 5/10.

  • Os traballos de recuperación suporán o 25% da nota.

  • A proba escrita suporá o 75% da nota.

Será responsabilidade do alumno manterse informado sobre as datas de realización das probas (xuño e setembro) e da entrega das actividades de reforzo (febreiro e 1 de abril). Carteis expostos nos taboleiros informarán das mesmas.

·        

As fichas serán recollidas en Conxersería e abonado o importe correspondente.

·        

Para a correccións, dirixirse aos profesores nos recreos.

·        

En caso de dúbida, dirixirse á xefe de departamento de Francés, María González.