INICIO DO CURSO 2024/25
O vindeiro mércores 11 de setembro volvemos ás clases!
Os cursos da ESO deberán estar ás 9:00 e farán a súa incorporación segundo a planiña. A presentación será no salón de actos e a acollida nas respectivas clases, xunto coas persoas titoras.
Para o Bacharelato, terán a presentación ás 12:00 no salón de actos e despois acollida e clase a últimas horas da mañá nas respectivas clases.
Traede material para comezar con ganas!
Haberá buses nos horarios habituais.