NO MEU VERSO SON LIBRE
A nosa alumna Patricia Fernanda segue dándonos motivos para o orgullo. Aquí está posando coa súa marabillosa ilustración realizada a partir dun dos relatos gañadores do certame nacional "No meu verso son libre", escritos polo alumnado que se atopa nas Aulas Hospitalarias e no Servizo de Apoio Domiciliario. Este é un proxecto organizado pola Consellería de Educación e Universidades da Región de Murcia a través da Dirección Xeral de Innovación Educativa e Atención á Diversidade. Un proxecto con moito corazón.