ENTREGA DE PREMIOS DO BIG CHALLENGE

Enviado por Anónimo o Mar, 20/10/2020 - 13:25

O luns 5 de outubro ás 11.30 tivo lugar na biblioteca do noso centro a entrega dos galardóns aos participantes no BIG CHALLENGE 2020 no nivel de 2º da ESO. Parabéns especialmente á nosa alumna Laura García Garrido, que acadou o primeiro posto no noso centro e o quinto da provincia de Pontevedra!