Skip to Content

Administrativo

Departamento de Administrativo

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS E GRADUACIÓN CICLOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

O pasado 17 de marzo foi un gran día para os ciclos formativos de Administración e Xestión. Celebramos a graduación do seu alumnado e foron presentados os proxectos finais elaborados por alumnas e alumnos do Ciclo Superior. Días coma este son os que poñen en valor o grande traballo realizado nestes últimos meses.
Na vida o importante é deixar pegada e nós estamos seguros de que os nosos alumnos e alumnas xa a deixaron, indeleble, neste centro para sempre.
Agradecemos a presencia no acto da Sra. Alcaldesa do Concello do Rosal, do Sr. Vicealcalde do Concello de Tui, de representantes da ANPA do IES A Sangriña e do alcalde da nosa vila e profe desta que é a súa casa, Antonio Lomba, quen pechou o acto.
Por outra banda, temos que agradecer o esforzo feito por todas as empresas da comarca que colaboran con nós, en especial facendo mención a ORPAGU, RÍO TOLLO e PALANGREROS, empresas que apadriñaron o alumnado neste día tan emotivo.
Moitas grazas tamén aos verdadeiros e verdadeiras protagonistas deste certame, os alumnos e alumnas, que coa calidade dos seus traballos e o recoñecemento do seu esforzo coa entrega dos diplomas, fixeron deste día un evento especial.
Expresas grazas ao Departamento de Administración e Xestión que se volcou na organización deste acto demostrando unha cercanía e un saber facer excepcional. Grazas a Juan Carlos López polas súas enormes competencias como MC e grazas a Juan Vázquez, Xefe do Departamento, por ser o ideólogo deste día tan significativo. 
                                                             

Visita á Confraría da Guarda

O alumnado de Administrativo visitou a Confraría da Guarda. Na visita coñeceron a Manuel, o responsable da organización, que lles deu unha clase maxistral acerca do funcionamento da confraría, seguridade social e xestión de vendas. Finalmente algúns profesionais do mar, que se atopaban polas instalacións, explicáronlles as tarefas do seu día a día e ensináronlles algo de xénero.

 

Setembro: novo prazo de matrícula para Ciclos de Administrativo en IES A Sangriña CURSO 2021-22

Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

No IES A Sangriña as operacións financiadas pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Educación de Facenda e Administración Pública son as seguintes:

-        Ciclo Medio 1º Xestión Administrativa
-        Ciclo Medio 2º Xestión Administrativa
-        Ciclo Medio 1º Sistemas Informáticos e redes.
-        Ciclo Medio 2º Sistemas Informáticos e redes.
-        Ciclo Medio 1º Electromecánica de vehículos automóviles
-        Ciclo medio 2º Electromecánica de vehículos automóviles

Estas ensinanzas serán cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 ”Investir na educación, na formación, incluída a Formación Profesional para o desenvolvemento das capacidades e aprendizaxe permanente” do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut