Skip to Content

Erasmus+

ASIGNACIÓN DAS 10 BOLSAS ERASMUS+ PARA ESTE CURSO 2021/2022

Alumnado seleccionado:

  1. Darío A. Salcidos Álvarez.
  2. Brais Gómez Costas.
  3. Daniel Rodríguez Fernández.
  4. Iria Goyás González.
  5. João Paulo Cardoso Costa.
  6. Alberto Álvarez Agustiño.
  7. Noé Álvarez Moreno.
  8. Diego Alonso Ocampo.
  9. Lucía Sobrino Vicente.
  10. Naomi González Verde.

Alumnado en reserva:

  1. Xan Rodríguez González.
  2. Noelia Pérez Correa.
  3. Andrea Chamadoira Maquieira.
  4. Pablo Crespo Lorenzo.
  5. Román A. Nivar Brite.

 

CONVOCATORIA DE 10 BOLSAS ERASMUS+

PROXECTO KA116 para cursar a FCT

Alumnado dos Ciclos Medios e FP Básica 

8 bolsas a realizar en países da UE:

  • Para estudantes do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (82 días).
  • Para estudantes do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (82 días).
  • Para estudantes do Ciclo de Electromecánica de vehículos para realizar en Portugal (82 días). 

2 bolsas a realizar en Portugal:

  • Para estudantes de FP Básica de Mantemento de Vehículos (62 días). 

Solicitudes:

As solicitudes presentaranse na secretaría do IES A Sangriña do 4 ao 8 de outubro de 2021.

Documentos a presentar:

Sabías que o noso instituto posúe a Carta VET?

Esta carta outórgaa o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e recoñece a capacidade operativa desta institución para a xestión de proxectos de mobilidade, e os seus esforzos por acadar unha maior internacionalización da Formación Profesional a través do Programa Erasmus+. Esta carta de Formación Profesional recoñece ademais a calidade dos proxectos de mobilidad realizados anteriormente, o compromiso a longo prazo da mellora continua da mobilidade e o enfoque estratéxico do noso centro de ensino para incorporar a mobilidade internacional ás nosas actividades.

Proxecto KA102 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP

O pasado 14 de setembro concluíu o noso proxecto KA102 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP correspondente ao curso 2018/2019 que permitiu realizar prácticas formativas aos estudantes e períodos de observación aos docentes.

Neste curso 2018/2019 o IES A Sangriña modificou a súa oferta educativa, substituíu o CM de Carrocería ordinario por outro de persoas adultas na modalidade de FP Dual e impartiuse un curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de “Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos”.

O programa desenvolveuse en Portugal, concretamente en Lisboa e Oporto. Dada a situación fronteiriza da nosa localidade, estas Mobilidades propician a posibilidade de abrir un novo e amplo mercado laboral, ademais de reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal promovendo a circulación e o intercambio de traballadores e traballadoras entre as nosas comunidades.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística cunha profesora nativa. Realizáronse 6 Mobilidades de alumnado de ciclos medios, 2 Mobilidades de alumnado de FP básica, 4 de estudantes titulados do curso de Capacitación Profesional. Tamén 4 docentes realizaron un “Job shadowing” en centros de FP da zona de Lisboa.

Distribuir contido


by Dr. Radut