Datas
No IES A Sangriña,
organízanse unhas Xornadas de Difusión do Software Libre, nas que se
desenvolverán diferentes actividades a partires do día 2 de marzo de
2009.
Lugar
As actividades da SSL terán lugar no IES A Sangriña de A Guarda.
Actividades
Conferencias
02/03/09 “O software libre e as súas posibilidades”
Conferencia sobre o SW Libre polo profesor Manuel Morán Vaquero, do IES Chan do Monte.
Salón de Actos, hora
04/03/09 “O software libre na empresa”
Conferencia
sobre as posibilidades que ofrece o Software libre no mundo
empresarial, as posibilidades de empleo que xera, as posibilidades de
negocio, vantaxes do seu uso nas PEMEs e o software dispoñible. Estará
impartida por mancomun.org, o
centro de referencia e servizos de software libre que aposta
decididamente pola implantación do Software Libre en Galiza con catro
obxectivos principais:
1. Facilitar o desenvolvemento industrial e innovador da PEME do sector TIC en Galicia
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
4. Impulsar a utilización de estándares abertos para acadar a independencia tecnolóxica.
Salón de actos, 12:20h a 14:00h.
-
Seminario de demostración do funcionamento do programa Gimp, por Susana Muíños
-
Seminario de demostración do funcionamento do programa Inkscape, por Susana Muíños
-
Seminario Writer vs Word, por Isabel Martínez Cabaleiro
-
Writer é o procesador de textos de
OpenOffice.org, unha completa ferramenta para o deseño de documentos,
publicación directa dos traballos en formato PDF, compatibilidade con
outros procesadores de textos como o Microsoft Word,... e por un prezo
moi razonable: 0€. Os contidos a desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:
-
Xerar documentos empregando o programa Writer que inclúan diversos obxectos.
-
Xeración de plantillas e estilos personalizados.
-
Enfrontar a funcionalidade de Writer vs Word.
-
Seminario Impress vs PowerPoint, por Isabel Martínez Cabaleiro
-
Impress é o programa de presentacións da
suite OpenOffice.org. Unha presentación é unha serie de diapositivas ou
transparencias que se proxectan sobre unha pantalla para servir de
apoio visual a unha charla ou conferencia, á presentación dun produto
comercial, etc. Impress permite crear presentacións en formato dixital que se proxectan directamente desde un ordenador por medio dun
proxector dixital. É compatible con Microsoft Powerpoint. Os contidos a
desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:
-
Xerar presentacións empregando o programa Impress que inclúan diversos obxectos e animacións.
-
Persoalizar a presentación incluíndo transiccións, subpresentacións e notas do orador.
-
Xerar patróns base para diapositivas e plantillas.
-
Enfrontar a funcionalidade de Impress vs Powerpoint.
-
Seminario Calc vs Excel, por Isabel Martínez Cabaleiro
-
Calc é a folla de cálculo de
OpenOffice.org. Trátase dunha aplicación que permite realizar
facilmente cálculos numéricos complexos, táboas, xeración de gráficas, compatibilidade con outras follas de cálculo como Microsoft Excel,
publicación en formato PDF,... Os contidos a desenvolver abarcarán os
seguintes obxectivos:
-
Xerar follas de cálculo empregando o programa Calc que aporta funcións matemáticas, trigonométricas, estatítiscas,...
-
Xeración de gráficas diversas.
-
Xerar plantillas para facturas, pedidos, ...
-
Enfrontar a funcionalidade de Calc vs Excel.
-
Seminario de comparación do navegador Firefox co Iexplorer, por Patricia González
-
Paseo comparativo entre Windows e Linux, por Ricardo Veiga
-
Demostración práctica da instalación e
configuración básica dunha distribución Linux, por Luis Alberto
Lorenzo, Moisés Gómez e Ricardo Veiga
-
Linux é un sistema operativo aberto,
e polo tanto, está dispoñible para que calquera persoa poida
estudia-lo, usa-lo, modifica-lo e redistribuí-lo. Baséase pois na utilización de filosofías e metodoloxías libres que dan lugar a
proxectos libres e non libres, así como a productos gratuítos ou non.
Trátase de facer unha primeira aproximación ó sistema operativo Linux
que permita realizar unha instalación sobre un equipo con Windows
preinstalado (ou non), utilizando un sistema con particións e un xestor
de arranque, e a posterior configuración básica dese sistema. Unha distribución de GNU/Linux é
unha variante dese sistema operativo que incorpora determinados
paquetes de software para satisface-las necesidades dun grupo específico de usuarios/as, dando así orixe a edicións para o fogar,
empresariais e para servidores. Poden ser exclusivamente de software
libre
ou tamén incorporar aplicacións ou controladores privativos.
Actividade adicada á instalación dunha distribución Linux e Software Libre nos equipos persoais dos participantes co apoio dos profesores e profesoras colaboradores da SSL.
O/A participante achegará o seu equipo ao centro, onde habilitaremos unha aula para o desenrolo da actividade. O equipo pode ser portátil ou de sobremesa, neste último caso, a organización facilitará os periféricos necesarios.
Para aquelas persoas que desexen participar e non dipoñan de equipo persoal propio, a organización, na medida do posible, facilitarálle un equipo para a realización da actividade.
Crearanse quendas de traballo en horario non lectivo.