Skip to Content

Ciclos Formativos

PROBAS LIBRES PARA TITULOS DE FP

O vindeiro martes 12 de xuño teremos no salón de actos do centro ás 09:00 a xornada de acollemento para o alumnado matriculado nas probas libres de FP.

Charla sobre emprendemento: o proceso de creación da empresa

O pasado mércores 7 de marzo, o Departamento de FOL organizou unha actividade sobre o proceso da creación da empresa, enfocada ao alumnado do 2º curso dos Ciclos Medios de Carrocería, Mecánica, Xestión Administrativa e Sistemas Microinformáticos e Redes.
 
A charla foi levada a cabo por Fernando Álvarez Pereira, técnico de Servizos Xerais da Subdirección de Información Especializada do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
 
Esta ambiciosa e útil actividade tivo lugar no salón de actos do IES durante as dúas últimas horas da mañá, e tocou os seguintes puntos:
 
-Plan de empresa
-Plan económico-financeiro (programa viable 2020)
-Servizos de información e asesoramento prestados polo IGAPE
-Programas de axudas (financeiras e de capital)

Agradecemento ao alumnado e ao profesorado de Carrozaría

Toda a comunidade educativa do IES A Sangriña agradece o magnífico traballo levado a cabo polo alumnado e o profesorado do Ciclo Formativo de Carrozaría na substitución e mantemento do peche exterior do Centro.
instituto peche 1

1º Curso contra incendios do Dpto. de Automoción.

05/03/2013 00:20
05/03/2013 20:30
Etc/GMT+2
prohibido facer lume

O pasado día 5 de marzo tivo lugar no IES A Sangriña o 1º curso contra incendios impartido á totalidade do alumnado de automoción. Nesta primeira edición, os alumnos contaron coa explicación de varios membros do corpo de bombeiros dos riscos e perigos que teñen á hora de realizar as diversas actividades de traballo e a maneira de poder evitalas ou facerlle fronte en caso de ocurrir.

O curso contou cunha duración de sete horas. Na sesión de mañá o alumnado puido asistir a unha clase teórica dos riscos de incendios, propagación, extinción e medidas preventivas. Nesta xornada analizáronse os distintos tipos de incendios, os distintos tipos de medios de extinción así como a análise previa á hora de producirse un lume non desexado. Tamén se expuxo cales son os perigos máis habituais no lugar de traballo e no fogar. Na sesión de tarde todos os alumnos de automoción pasaron á acción, e practicaron a extinción dun incencio real e manexaron os medios contra incendios usados xeralmente.

Distribuir contido


by Dr. Radut