Skip to Content

PROGRAMACIÓN da III MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO

DIA 23 DE ABRIL (XOVES-5ª FEIRA) 20:30 - IES da Sangriña (A Guarda): -Acto de Inauguración. Actuación dos Sete Magníficos máis un DIA 24 DE ABRIL (VENRES - 6ª FEIRA) 20:30 - IES da Sangriña (A Guarda): -Conversas na cuneta mentras a vida pasa lá fora. O Trasno Novo Teatro (Vigo) 22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño): - Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada) DIA 25 DE ABRIL (SÁBADO) 20:30 - IES da Sangriña (A Guarda): - Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo. (Ponte da Lima) 22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño): - A magia da inocência. Associaço Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Ponte da Lima) DIA 26 DE ABRIL (DOMINGO) 18:00 - IES da Sangriña (A Guarda): -Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña) 20:00 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño): -Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) y Lohengrin Teatro (Vigo) 21:30: - Premio do público e peche.

Xornadas Automoción

O departamento de automoción organiza as primeiras Xornadas de Automoción no IES A Sangriña.
Están convidados  o profesorado, alumnado  de automoción e profesionais do sector.
As xornadas celebraranse, segundo o programa que se adxunta no tríptico, os días 21 e 22 de abril no salón de actos do IES A Sangriña. A apertura oficial correrá a cargo da secretaria do IES A Sangriña. Haberá catro ponencias que versarán sobre:

1.“Reprogramación de Calculadores”, a cargo de D. Juan Piñeiro.


2. “Fabricación de sistemas de diagnose electrónicos en automoción”, a cargo de D. Ángel Álvarez, que representa á firma Berton.

3. “Portal de diagnose de automoción”, a cargo de D. Gaston Luzardo Patrone, que representa á firma Schaefeler (LUK).

4. “O motor do futuro. 2010 Odisea no taller do futuro”, a cargo de D. Antonio Piñeiro Vilariño, profesor adxunto Universidade de Vigo, Curso en Automoción.

III Mostra de Teatro non profesional do Miño Feixó de Araúxo

A Mostra de Teatro non profesional do Miño Feixó de Araúxo celebrarase nos días 24, 25 e 26 de abril nos concellos de A Guarda e Tomiño.

No IES A Sangriña haberá representacións como entidade colaboradora que é da Mostra.

Así que quedades tod@s convidados a III Mostra de Teatro , próximamente nos escenarios.

Visita a E.D.A.R de A Guarda

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

Distribuir contido


by Dr. Radut